Alexandre I, arcebispo de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de Alexandre de Alexandría no Mosteiro de Veljusa, na actual República de Macedonia.

Alexandre de Alexandría, nado no ano 250 e finado no 326, boi arcebispo de Alexandría desde o ano 313 até a súa morte. Foi designado co nome de Alexandre (Ἀλέξανδρος), para suceder a Aquilas de Alexandría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o décimo noveno Patriarca de Alexandría, título que precede ao de papa da Igrexa Copta ou Patriarca da Igrexa Ortodoxa, previo ao cisma do ano 457.

Alexandre é famoso pola súa oposición á chamada "herexía ariana", que afirmaba que Xesús non era Deus verdadeiro, senón só o Fillo de Deus, que se encarnara en Xesús de Nazaret; era o unixénito de Deus e polo tanto tiña unha orixe temporal, a primeira das criaturas creadas, e por iso non era coeterno co seu Pai.

Alexandre tamén é coñecido pola súa doutrina apostólica e unha de seus as súas accións máis destacadas foi ordenar a un mozo diácono de nome Atanasio, que máis tarde sería famoso e admirado en toda a cristiandade.

Alexandre aínda que foi xentil cos arianos, tamén foi determinado. Moitos acúsano de comprometer a posición da Igrexa, aínda que outros autores afirman que foi impetuoso a causa da súa posición irredutíbel. Non obstante, debe ser considerado como un campión na ensinanza da Igrexa Católica o que está acreditado ao incluílo no seu santoral polo seu celo pastoral, celebrándose a súa festividade o 26 de febreiro na igrexa católica, na Igrexa ortodoxa o 29 de maio e na Igrexa Copta o 17 de abril.

Durante moito tempo dirixiuse a Ario intentando convencelo do seu erro antes da súa excomuñón, no 321. A excomuñón foi confirmada no Sínodo de Alexandría. A súa Circular Episcopal sobre a herexía ariana sobreviviu, ao tempo que é unha parte importante da literatura eclesiástica daquel período.

Como bispo, Alexandre prefería aos monxes, destacando aqueles que vivían como eremita s no deserto, a quen consideraba como modelo para as súas ovellas. Tamén insistiu na caridade cos pobres na diocese baixo o seu control, virtudes polas que foi famoso.

Considérase a Alexandre como un dos principais responsábeis do Primeiro Concilio de Nicea no ano 325, onde o arianismo foi formalmente condenado. O labor de Alexandre neste concilio sería de capital importancia posteriormente, xa que uns anos máis tarde o emperador Teodosio I tomou a transcendental decisión de facer do cristianismo niceno ou catolicismo a relixión oficial do Imperio mediante o Edicto de Tesalónica de 380.

Faleceu en Alexandría no ano 326, segundo algunhas tradicións o 26 de febreiro, dous anos despois de regresar do concilio, e nomeando a San Atanasio de Alexandría como o seu sucesor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

OUtros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas=[editar | editar a fonte]