Portas de Cilicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPortas de Cilicia
Imaxe

Localización
Mapa
 37°17′07″N 34°47′10″L / 37.2853, 34.7861Coordenadas: 37°17′07″N 34°47′10″L / 37.2853, 34.7861
Xeografía
Altitude1.280 m Editar o valor em Wikidata

O paso de Gülek, tamén coñecido como Portas de Cilicia ou Porta de Ferro (turco: Gülek Boğazı ou Külek Boazi), é un paso polas montañas Tauros que une as chairas baixas de Cilicia coa meseta de Anatolia a través dunha estreita garganta fluvial, Gökoluk. A súa altitude máxima é de aproximadamente 1050 metros.[1]

As Portas foron, durante milenios, un paso comercial e militar esencial na rexión.[2] A entrada sur das Portas de Cilicia atópase aproximadamente a 44 km ao norte de Tarso, e a norte leva a Capadocia.

Historia[editar | editar a fonte]

A distancia entre a meseta de Anatolia e a chaira de Cilicia é de aproximadamente 110 km, que na antigüidade supuña uns cinco días aproximadamente. Yumuktepe (actual Mersin), que custodia o lado do paso en Adana, con 23 estratos con restos de ocupación, é un dos asentamentos fortificados máis antigos do mundo, con orixes que se remontan até o 4.500 a.C. O camiño antigo era un camiño para caravanas de mulas e non para vehículos de rodas.

A Biblia afirma que Paulo de Tarso e Silas pasaron por alí nas súas viaxes por Siria e Cilicia. A Epístola aos Gálatas menciona as cidades de Derbe, Listra e Iconio como cidades visitadas por Paulo na súa primeira viaxe misioneira (Feitos 14; Gálatas 1). Paulo, segundo a Biblia, fala de "perigos" en "ríos" e "ladróns" (2 Corintios 11:26), o que pode explicar por que, no 4.500 a.C., na entrada sur do paso foi construída unha das primeiras fortalezas existentes e que se acabou convertendo en Mersin.

Tamén houbo unha gran presenza de expedicións históricas pola zona como as levadas a cabo polos hititas; o exército dos "Dez Mil"; Alexandre Magno no 333 a. C. antes da batalla de Issos; Septimio Severo no 194;[3] Paulo camiño de Galacia e parte do exército da Primeira cruzada ou a expedición de Roger de Flor coa Compañía Catalá do Oriente permaneceu ás portas da Porta de Ferro tras derrotar aos turcos na batalla de Cibistra en 1304.[4] Tamén alí se atopaba a fortaleza medieval de Baberon (ou Barbaron), que fora construída polo reino armenio de Cilicia.[5]

No alto, ao suroeste das Portas, está Gülek Kalesi (en armenio: Kuklak; árabe: Kawlāk), unha gran fortificación de considerable antigüidade que conserva evidencias dos períodos de ocupación bizantino e árabe, pero é principalmente unha construción armenia dos séculos XII e XIII.[6] Os seus muros e torres ao sur e ao oeste cobren unha distancia de máis de 450 metros. Debaixo das Portas de Cilicia atópase a fortaleza armenia medieval de Anahşa coas súas grandes torres en forma de ferradura e tres entradas.[7] Tamén nas proximidades das Portas hai un forte construído na década de 1830, por Ibrahim Pasha de Exipto durante a súa a súa revolta contra os otománs na que ocupou Cilicia, e que volveu a poder otomán en 1840.[8]

Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

Os enxeñeiros alemáns que dirixiron a construción dun ferrocarril de vía estreita, de 60 cm de largo, que unía a terminal de Haydarpaşa de Istambul con Bagdad (o "Ferrocarril Berlín-Bagdad") non seguiron o camiño empinado, estreito e sinuoso polo paso senón que construíron unha morea de viadutos e túneles (37 en total) que están entre as marabillas da enxeñería ferroviaria.[9] A liña foi aberta en 1918 e foi utilizada para levar tropas otomás e subministracións militares á fronte de Mesopotamia durante a Primeira Guerra Mundial.[9]

Unha proba da súa dificultade de paso se deu cando, o 28 de maio de 1920, 40 soldados turcos impediron o paso de 500 soldados franceses.[3]

Estado actual[editar | editar a fonte]

A principios do século XX, construíuse unha vía férrea de vía estreita polo paso e no momento actual, está cruzada por unha grande autoestrada de seis carrils (E-90). Tamén está proxectado que esa autoestrada chegue a unir Ancara, a capital de Turquía, co corredor sur do Mediterráneo, que discorre entre Mersin e Sanliurfa, preto de Tarso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Larned, Josephus Nelson (1922). The New Larned History for Ready Reference, Reading and Research: The Actual Words of the World's Best Historians, Biographers and Specialists; a Complete System of History for All Uses, Extending to All Countries and Subjects and Representing the Better (en inglés). C.A. Nichols Publishing Company. 
  2. Ramsay, Sir William Mitchell (1890). The Historical Geography of Asia Minor (en inglés). Londres: John Murray. 
  3. 3,0 3,1 "livius.org". livius.org (en inglés). 26 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2024. 
  4. Redacción (15 de agosto de 2022). "La Companyia Catalana d'Orient derrota els turcs en la batalla de Cibistra". elnacional.cat (en catalán). Consultado o 5 de febreiro de 2024. 
  5. Ghazarian (2000), p. 122.
  6. Edwards (1987), pp. 62–65, 139–142, 281, 283, pls.6a-8b, 91a–94a
  7. "he Christian Architecture of the Levant: Anahşa". charlvarchive.org (en inglés). 2019. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  8. Canard (1991), p. 38
  9. 9,0 9,1 "The Cilician gates". trainsofturkey.com (en inglés). 4 de novembro de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Canard, M. (1991). "Cilicia". En Lewis, B.; Pellat, CH.; Schnatt, J. The Encyclopaedia of Islam (vo. II: C-G) (en inglés). Leiden: E. J. Brill. pp. 34–39. ISBN 90 04 07026 5. 
  • Edwards, Robert W. (1987). The Fortifications of Armenian Cilicia. Serie: Dumbarton Oaks Studies XXIII (en inglés). Washington, D.C.: Dumbarton Oaks Studies Trustees for Harvard University. ISBN 0-88402-163-7. 
  • Ghazarian, Jacob G. (2000). The Armenian Kingdom in Cilicia During the Crusades: The Integration of Cilician Armenians with the Latins, 1080-1393 (en inglés). Richmond, Surrey: Curzon Press. ISBN 0-7007-1418-9. 
  • Larned, (1922). (en inglés). ., Josephus Nelson (1922). The New Larned History for Ready Reference, Reading and Research: The Actual Words of the World's Best Historians, Biographers and Specialists; a Complete System of History for All Uses, Extending to All Countries and Subjects and Representing the Better. C.A. Nichols Publishing Company. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]