Portal:Historia/Efemérides destacadas/19 de abril
- 531, ten lugar a batalla de Calinico, na que o Imperio Sasánida derrota ao exército bizantino, liderado por Belisario.
- 1390, morre Roberto II, rei de Escocia.
- 1770, María Antonieta casa co rei francés Lois XVI.
- 1775, comeza a revolución Americana cunha vitoria sobre os británicos nas batallas de Lexington e Concord.
- 1839, Reino Unido, Austria, Francia, Prusia, Rusia e os Países Baixos asinan o Tratado de Londres, que recoñece a independencia de Bélxica.
- 1882, morre o naturalista inglés Charles Darwin.
- 1943, comeza o levantamento de Gueto de Varsovia, cando as tropas alemás tentan entrar no gueto para reducir aos xudeus, que o tomaran pola forza.
- 1971, Serra Leoa convértese nunha república.