Ponte Golden Gate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°49′11″N 122°28′42″W / 37.81972°N 122.47833°W / 37.81972; -122.47833

Ponte Golden Gate
GG-ftpoint-bridge-2.jpg
Río
Concello San Francisco - Marin
Provincia Estado de California
Data 1933-37
Lonxitude 1.280 m
Ancho 28 m
Gálibo 67 m
Tipo colgante
Material aceiro

O Golden Gate é unha famosa ponte situada en California, Estados Unidos, que une a península de San Francisco polo norte co sur de Marin. "Golden Gate" é tamén o nome do estreito no cal a ponte está construída, e recibe o seu nome do estreito en Constantinopla, chamado tamén a Porta Dourada, xa que comunicaba Europa con Asia.

O Golden Gate é a ponte máis famosa de San Francisco a pesar de non se-a maior nesta cidade, xa que o Bay Bridge é a vía principal.

Na década posterior á Primeira Guerra Mundial o tráfico rodado na rexión da baía de San Francisco multiplicouse por sete, de modo que o sistema de ferris foi incapaz de absorber ese crecemento. Catalogado como ponte colgante, construída entre 1933 e 1937, cunha lonxitude aproximada de 1.280 metros, está suspendida de dúas torres de 227 m de altura. Ten unha calzada de seis carrís (tres en cada dirección) e dispón de carrís protexidos accesibles para peóns e bicicletas. A ponte tamén transporta dun lado a outro da canle gran cantidade da enerxía necesaria para o desenvolvemento da zona en tendidos eléctricos e conducións de combustible. Baixo a súa estrutura, deixa 67 m de altura para o paso dos barcos a través da baía. O Golden Gate constituíu a maior obra de enxeñería da súa época. Foi pintado con urxencia para evita-la rápida oxidación producida no aceiro da súa estrutura polo océano Pacífico.

Índice

[editar] Historia

A construción da ponte comezou o 5 de xaneiro de 1933 baixo o programa Works Projects Administration (WPA), un programa de obras públicas iniciado polo goberno de Franklin D. Roosevelt para crear empregos con fondos federais e diminuí-los efectos da Gran Depresión. O enxeñeiro xefe do proxecto foi Joseph Strauss. A ponte finalizouse en abril de 1937 e foi aberta ó tráfico peonil o 27 de maio ás 6:00 am, sendo permitido ó tráfico rodado ó día seguinte. A obra inicial custou 35 millóns de dólares da época.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase Tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas