Peto tridáctilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picoides tridactylus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Piciformes
Familia: Picidae
Xénero: Picoides
Especie: P. tridactylus
Nome binomial
Picoides tridactylus
(Linnaeus, 1758)

Ovo de Picoides tridactylus
P. tridactylus, exemplar xove.

O peto tridáctilo (Picoides tridactylus)[2] é unha especie de ave piciforme da familia Picidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os adultos miden de 21,5 a 24 cm de lonxitude. É de cor negra na cabeza, as ás e a cola, e branco desde a garganta ata o ventre. Os flancos e a parte posterior son de cor branca con franxas negras, e a cola de cor negra coas plumas externas brancas barradas con negro. Os machos adultos teñen un píleo amarelo.

En Eurasia é o único peto cun píleo de cor amarela, o único con tres dedos nas patas, e un dos dous únicos petos de plumaxe branca e negra que carecen de plumas vermellas.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

O hábitat de reprodución esténdese a través dos bosques de coníferas do norte de Eurasia desde Noruega a Corea. Tamén hai poboacións nos Alpes e Cárpatos.

É normalmente residente permanente, pero as aves do norte adoitan migrar cara ao sur e as aves en altas elevacións poden pasar a niveis máis baixos no inverno.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntan se en árbores de coníferas, onde buscan larvas de escaravellos que furan a madeira ou doutros insectos. Tamén poden comer a froita e o zume da árbore. Estas aves móvense a zonas cun gran número de árbores infestados de insectos, a miúdo despois dun incendio forestal ou inundación.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Antes considerábase que a especie comprendía tamén formas que vivían en América do Norte, pero posteriores investigacións aconsellaron separalos en especies distintas, o peto tridáctilo euroasiático quedou co nome P. tridactylus, mentres que o americano denominouse P. dorsalis.[3].

Recoñécense as seguintes subespecies do peto tridáctilo euroasiático:[4]

  • P. t. albidior Stejneger, 1885
  • P. t. alpinus C. L. Brehm, 1831
  • P. t. crissoleucus (Reichenbach, 1854)
  • P. t. funebris J. Verreaux, 1870
  • P. t. inouyei Yamashina, 1943
  • P. t. kurodai Yamashina, 1930
  • P. t. tianschanicus Buturlin, 1907
  • P. t. tridactylus (Linnaeus, 1758)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Pico Tridáctilo Euroasiático (Picoides tridactylus) (Linnaeus, 1758)". avibase. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  3. Zink, Robert M.; Rohwer, Sievert; Andreev, Alexander V.; Dittman, Donna (July 1995). "Trans-Beringia Comparisons of Mitochondrial DNA Differentiation in Birds" (PDF). Condor (Cooper Ornithological Society) 97 (3): 639–649. JSTOR 1369173. doi:10.2307/1369173. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  4. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Picoides tridactylus (TSN 178251)" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gorman, Gerard (2004): Woodpeckers of Europe: A Study of the European Picidae. Bruce Coleman, UK. ISBN 1-872842-05-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]