Pedro de Silva
| Pedro de Silva | |
|
|
|
|---|---|
| 17 de xuño de 1983 – 10 de xullo de 1991 | |
| Vicepresidente | Bernardo Fernández Pérez |
| Precedido por | Rafael Fernández Álvarez |
| Sucedido por | Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio |
|
|
|
| 1 de marzo de 1979 – 26 de maio de 1983 | |
|
|
|
| 7 de maio de 1983 – 28 de maio de 1991 | |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 18 de agosto de 1945 (67 anos) Xixón |
| Partido | Federación Socialista Asturiana-Partido Socialista Obrero Español |
| Cónxuxe | Asunción Marbán Miranda |
| Profesión | Avogado |
Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos, nado en Xixón o 18 de agosto de 1945, é un político socialista español. Foi presidente do Principado de Asturias entre 1983 e 1991.
Na súa xuventude, estudou no Colexio da Inmaculada de Xixón (promoción de 1962), da Compañía de Xesús. Coa chegada da democracia a España en 1975 funda o partido Democracia Socialista Asturiana (DSA), que máis tarde se integraría no PSP para acabar formando parte do PSOE en 1978. Nas xerais de 1982 foi cabeza de lista para o Congreso dos Deputados por Asturias, resultando elixido deputado e renunciando ao escano, meses despois, para encabezar a candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado de Asturias nas eleccións autonómicas de maio de 1983.
O PSOE resultou vencedor nos comicios e Pedro de Silva foi investido Presidente do Principado de Asturias, cargo que revalidaría tras as eleccións de 1987. Non repetiu candidatura nas de 1991 e retirouse da política activa.
Tras a súa retirada da política, centrouse na creación literaria, con habituais colaboracións en diversas publicacións periódicas e revistas.
Índice |
Obras [editar]
Ensaios [editar]
- El regionalismo asturiano
- Asturias, realidad y proyecto
- El druida del bosque
- Miseria de la novedad
- Las fuerzas del cambio
Novela [editar]
- Proyecto Venus letal
- Dona y Deva
- Una semana muy negra
- El tranvía
Poesía [editar]
- La ciudad
- La Luna es un instrumento de trabajo
| Predecesor: Rafael Fernández Álvarez |
Presidente do Principado de Asturias 1983-1991 |
Sucesor: Juan Luis Rodríguez-Vigil |