Presidente do Principado de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Presidente de Asturias, segundo o Estatuto de Autonomía de Asturias, preside o Consello de Goberno do Principado de Asturias, cuxa actividade dirixe, coordina a Administración da comunidade autónoma, designa e separa os conselleiros e ostenta a suprema representación do Principado e a ordinaria do Estado en Asturias. É elixido pola Xunta Xeral do Principado de Asturias entre os seus membros e é nomeado polo rei de España.

A Xunta Xeral elíxeo por maioría absoluta en primeira convocatoria e por maioría simple nas posteriores. Entre cada convocatoria teñen que transcorrer como mínimo corenta e oito horas. Se pasados dous meses desde a constitución da Xunta Xeral non foi elixido ningún candidato, esta quedará disolta procedéndose a convocar novas eleccións.

Presidentes do Principado de Asturias[editar | editar a fonte]

Presidente Partido Mandato
1. Rafael Fernández Álvarez PSOE 11 de xaneiro de 1982 - 18 de xuño de 1983
2. Pedro de Silva PSOE 18 de xuño de 1983 - 11 de xullo de 1991
3. Juan Luis Rodríguez-Vigil PSOE 11 de xullo de 1991 - 18 de xuño de 1993
4. Antonio Trevín PSOE 18 de xuño de 1993 - 11 de xullo de 1995
5. Sergio Marqués PP/Ind./URAS 11 de xullo de 1995 - 21 de xullo de 1999
6. Vicente Álvarez Areces PSOE 21 de xullo de 1999 - 16 de xullo de 2011
7. Francisco Álvarez-Cascos FAC 16 de xullo de 2011 - 26 de maio de 2012
8. Javier Fernández PSOE 26 de maio de 2012 - ...


Javier Fernández Fernández Francisco Álvarez-Cascos Vicente Álvarez Areces Sergio Marqués Antonio Trevín Juan Luis Rodríguez-Vigil Pedro de Silva Rafael Fernández Álvarez