Xunta Xeral do Principado de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio da Xunta Xeral en Oviedo.
O emblema da xunta Xeral é o mesmo que o escudo de Asturias.

A Xunta Xeral do Principado de Asturias (Xunta Xeneral del Principáu d'Asturies en asturiano, Junta General del Principado de Asturias en castelán) é o órgano supremo de representación do pobo asturiano, segundo recolle o Estatuto de Autonomía de Asturias. Os seus membros son elixidos polos cidadáns de forma democrática nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias e desempeña o papel lexislativo.

A función executiva é asignada a outro órgano que xorde do propio parlamento: o Goberno do Principado de Asturias. O Presidente do Principado é elixido pola Xunta Xeral entre os seus membros e este encárgase de designar o Consello de Goberno cuxo labor é controlado pola cámara. Así mesmo, tamén lle corresponde á Xunta Xeral aprobar os orzamentos da comunidade autónoma.

Organización e funcionamento[editar | editar a fonte]

Deputados e grupos parlamentarios[editar | editar a fonte]

Os deputados representan o pobo asturiano e son escollidos por este baseándose en tres circunscricións electorais. Gozan duns dereitos e adquiren unhas obrigacións. Tamén disfrutan de certas prerrogativas como a inviolabilidade e o foro especial. Os deputados agrúpanse en grupos parlamentarios.

Cada partido político ou coalición electoral só pode constituír un grupo parlamentario. Os grupos parlamentarios fórmanse do seguinte xeito:

  • Por tres ou máis deputados que pertenzan a un mesmo partido político ou coalición electoral.
  • Os deputados de partidos ou coalicións electorais que non acaden o número mínimo de 3 pasan a formar o Grupo Parlamentario Mixto.
  • Os deputados que se separen do seu grupo parlamentario pasan ao Grupo Parlamentario Mixto.

A distribución dos 45 deputados que compoñen a Xunta, na súa IX lexislatura, que foi composta o 27 de abril de 2012, é a seguinte:[1]

Grupo parlamentario Deputados
Socialista (FSA) 17
Foro Asturias (FAC) 12
Popular (PP) 10
De Izquierda Unida (IU) 5
Mixto (UPyD) 1

O mesmo día da composición da xunta, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias fixo pública a súa decisión de non validar os votos da circunscrición occidental asturiana que daban un escano ao PSOE polo que por primeira vez na historia democrática asturiana a Xunta constituíuse con só 44 deputados,[2] á espera da resolución final do Tribunal Constitucional de España, que, finalmente, adxudicoulle o escano en disputa á Federación Socialista Asturiana. Ao final o escano seríalle adxudicado a Foro Asturias, polo voto exterior, polo recurso que presentara este ante o Tribunal de Xustiza de Asturias. [3]

Comisións[editar | editar a fonte]

Son grupos de deputados que estudan asuntos que se lles encomendan e levan ao Pleno da Xunta Xeral propostas ou ditames. A veces actúan con poder decisorio, ao aprobar resolucións de carácter non lexislativo. Tamén controlan o cumprimento que fai o Consello de Goberno das mocións e resolucións de proposicións non de lei. Intégranas membros designados polos grupos parlamentarios no número sinalado pola Mesa unha vez escoitada a Xunta de Portavoces. Todos os grupos teñen dereito a contar cun representante como mínimo en cada comisión. Cada comisión ten unha Mesa integrada por un Presidente, Vicepresidente e un Secretario elixidos entre os seus compoñentes.

Deputación Permanente[editar | editar a fonte]

Edificio da Xunta Xeral do Principado de Asturias en Oviedo.

Está composta polos deputados que elixen os grupos parlamentarios en proporción á súa importancia numérica que designa a Mesa tras escoitar á Xunta de sesións. Presídea o Presidente da Xunta Xeral e a súa Mesa é a da cámara.

Xunta de Portavoces[editar | editar a fonte]

Está composta polos portavoces dos grupos parlamentarios e o Presidente da Xunta Xeral. Entre as súas misións destacan a determinación da orde do día das sesións do Pleno, e a designación do número de membros das comisións e a Deputación Permanente. As súas decisións son tomadas por voto ponderado, representando cada portavoz tantos votos como deputados teña o seu grupo parlamentario.

Pleno[editar | editar a fonte]

É o órgano supremo da Xunta Xeral, formando parte del todos os deputados desta. Os membros do Consello de Goberno poden asistir e intervir nas sesións independentemente de que sexan tamén deputados da Xunta Xeral.

Detalle do escudo no beirado da cúpula do palacio da Xunta Xeral.

A Mesa[editar | editar a fonte]

É o órgano reitor da Xunta Xeral e ostenta a súa representación colexiada. Componse do Presidente da Xunta Xeral, dous vicepresidentes e dous secretarios. Tamén poden designarse vocais adscritos que asisten con voz e sen voto a algunhas das súas reunións representado a partidos que non teñan ningún deputado nela. Algunhas das súas funcións son:

  • Ordenar o traballo
  • Decidir a tramitación de escritos e documentos parlamentarios
  • Elaborar, dirixir e controlar a execución do orzamento da Xunta Xeral
  • Organizar a Administración parlamentaria

Reúnese convocada polo Presidente da Xunta Xeral e os seus membros escóllense na sesión constitutiva da cámara, presidida ao inicio por unha Mesa de idade constituída polo deputado electo de maior idade como Presidente asistido polos dous de menor idade como secretarios.

Presidente da Xunta Xeral[editar | editar a fonte]

O Presidente da Xunta Xeral ostenta a máxima representación da cámara e elíxese na súa sesión constitutiva entre os deputados desta. Entre as súas misións destacan dirixir os debates, interpretar o regramento da cámara e fixar de acordo coa Xunta de Portavoces a orde do día das sesións do Pleno. Preside tamén, a Mesa, a Xunta de Portavoces e a Deputación Permanente. A continuación pódese ver unha táboa cos presidentes da Xunta Xeral desde 1982.

Lexislatura Presidente Partido
Provisional Agustín José Antuña Alonso
Eugenio Carbajal Martínez *
UCD
FSA-PSOE
I Juan Ramón Zapico García FSA-PSOE
II Antonio Landeta y Álvarez-Valdés AP
III Laura González Álvarez**
Eugenio Carbajal Martínez
IU
FSA-PSOE
IV Ovidio Sánchez Díaz***
Faustino González Alcalde
PP
FSA-PSOE
V María Jesús Álvarez González FSA-PSOE
VI María Jesús Álvarez González FSA-PSOE
VII María Jesús Álvarez González FSA-PSOE
VIII Fernando Goñi Merino PP
IX Pedro Sanjurjo González FSA-PSOE

*Agustín José Antuña Alonso desde o 6 de marzo de 1982 até o 14 de xaneiro de 1983 e Eugenio Carbajal Martínez desde o 14 de xaneiro de 1983 até o 31 de maio de 1983.
**Desde o 21 de xuño de 1991 até o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituída por Eugenio Carbajal Martínez.
***Substituído por Faustino González Alcalde nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.

Vicepresidente Primeiro da Xunta Xeral[editar | editar a fonte]

A continuación pódense ver os vicepresidentes primeiros da Xunta Xeral desde 1982.

Lexislatura Presidente Partido
Provisional Eugenio Carbajal Martínez
María Aurora Puente Uría *
FSA-PSOE
PCE
I José Ramón García Queipo FSA-PSOE
II Adolfo Barthe Aza CDS
III Eugenio Carbajal Martínez **
Amalia Maceda Rubio
FSA-PSOE
IU
IV Faustino González Alcalde***
José Ramón García Cañal
FSA-PSOE
PP
V Juana María González del Cabo FSA-PSOE
VI Manuel Aurelio Martín González IU
VII Manuel Aurelio Martín González IU
VII Diana Camafeita Fernández IU
VIII Vicente Herranz González FSA-PSOE
IX Pelayo Roces Arbesú FAC


*Eugenio Carbajal Martínez desde o 6 de marzo de 1982 até o 14 de xaneiro de 1983 e María Aurora Puente Uría desde o 14 de xaneiro de 1983 até o 31 de maio de 1983.
**Desde o 21 de xuño de 1991 até o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituído por Amalia Maceda Rubio
***Substituido por José Ramón García Cañal nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.

Vicepresidente Segundo da Xunta Xeral[editar | editar a fonte]

A continuación pódense ver os vicepresidentes segundos da Xunta Xeral desde 1982.

Lexislatura Presidente Partido
Provisional Juan Bautista Fernández Fidalgo
Antonio García Linares *
UCD
I Antonio Landeta y Álvarez-Valdés AP
II Carlos Rojo Pérez FSA-PSOE
III María Isabel Pérez-Espinosa González-Lobón PP
IV Francisco Javier García Valledor IU
V Pelayo Roces Arbesú PP
VI Pelayo Roces Arbesú PP
VII Pelayo Roces Arbesú**
Carlos Galcerán Quirós
PP
VIII Pelayo Roces Arbesú FAC
IX José Agustín Cuervas-Mons García-Braga PP

*Juan Bautista Fernández Fidalgo desde o 6 de marzo de 1982 até o 14 de xaneiro de 1983 e Antonio García Linares desde o 14 de xaneiro de 1983 até o 31 de maio de 1983.

**Pelayo Roces Arbesú dáse de baixa no Partido Popular, entregando a súa acta de deputado el 3 de xaneiro de 2011.

Historia[editar | editar a fonte]

A Xunta Xeral do Principado de Asturias ten a súa orixe en 1388, cando o rei Xoán I de Castela crea o Principado de Asturias, inaugurando o título de Príncipe de Asturias o infante Don Henrique, que logo sería Henrique III de Castela. Como órgano xestor creouse a Xunta de Concellos, que estivo vixente até 1834, cando se suprimiu para a creación da Deputación Provincial.

Cabe destacar que o 25 de maio de 1808, a Xunta Xeral proclamouse soberana, rebelándose contra o poder central en mans dos franceses. Enviáronse embaixadores a Inglaterra e declaróuselle a guerra a Napoleón.

Sede parlamentaria[editar | editar a fonte]

A Xunta Xeral ten a súa sede actualmente nun palacio de estilo neoclásico situado no solar do antigo convento de San Francisco, na rúa Fruela de Oviedo. Antes de utilizar este palacio reuníase na Catedral de Oviedo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]