Partido Socialista Popular (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Socialista Popular
Logo
Tipopartido político español
IdeoloxíaMarxismo e Socialismo democrático
Data de fundación1968
Data de disolución1978
Presidente/aEnrique Tierno Galván (-) Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Partido Socialista Popular (PSP) foi un partido marxista español de esquerdas fundado en 1968 no mundo universitario co nome de Partido Socialista del Interior, cambiándoo en 1974. O seu presidente era o profesor universitario Enrique Tierno Galván e o seu secretario xeral o xurista ferrolán Raúl Morodo. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas na coalición Unidad Socialista con outros partidos socialistas como o Partido Socialista Andaluz que conseguiu 816.582 votos (4.46%) e 6 deputados, dos que un pertencía ao Partido Socialista de Aragón. En febreiro de 1978 integrouse no PSOE.