Pedro Gil Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Gil Gómez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1980 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Sant Sadurní d'Anoia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey , xogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAtacante Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Selección de hóckey a patíns masculina de España Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: 9pedrogil Editar o valor em Wikidata

Pedro Gil Gómez (tamén coñecido como Pedrito Gil), nado en Esplugues de Llobregat o 13 de decembro de 1980, é un xogador de hóckey a patíns catalán e que xoga na demarcación de dianteiro. Dende a tempada 2012-13 xoga no Hockey Valdagno italiano.

Entre as súas características salienta a súa velocidade, axilidade e a súa capacidade goleadora, que o levaron a ser considerado como un dos mellores dianteiros do mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro Gil iniciou a súa carreira deportiva no equipo da súa cidade natal, o Club Esportiu Noia, equipo co que xogou dende as categorías inferiores ata 1998, ano no que asinou co Club Patín Tenerife. Tras un ano en Tenerife, regresou ao club do Alt Penedès. No ano 2000 foise xogar a Portugal, primeiro dúas tempadas no Clube Infante de Sagres, e no 2002 co FC Porto, club no que xogou 5 tempadas e onde se consagrou como un dos mellores dianteiros de Europa. No 2007 volveu á OK Liga tras asinar co Reus Deportiu, club co que se alzou co título do Campionato do Mundo de clubs de 2008 celebrado en Reus, e coa Copa de Europa na tempada 2008-09, disputada na localidade italiana de Bassano del Grappa. Ao seu retorno á Liga portuguesa (novamente ao FC Porto), logrou dúas ligas nas tempadas 2009-10 e 2010-11. No verán de 2012 asinou co Hockey Valdagno (Italia).

En 2012, logrou o seu sétimo Europeo coa Selección española, facendo historia ao lograr o récord de 7 Campionatos de Europa consecutivos, feito que non conseguiu ningún outro país.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Liga Temporadas
Noia Freixenet España OK Liga 1997 - 1998
Club Patín Tenerife España OK Liga 1998 - 1999
Noia Freixenet España OK Liga 1999 - 2000
Club Infante de Sagres Portugal Campeonato Nacional 2000 - 2002
FC Porto Portugal Campeonato Nacional 2002 - 2007
Reus Deportiu España OK Liga 2007 - 2009
FC Porto Portugal Campeonato Nacional 2009 - 2012
Hockey Valdagno Italia Serie A 2012 - 2013
HC Forte dei Marmi Italia Serie A 2013 - 2016
Sporting Clube de Portugal Portugal Campeonato Nacional 2016 -

Palmarés[editar | editar a fonte]

CE Noia[editar | editar a fonte]

FC Porto[editar | editar a fonte]

Reus Deportiu[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

Coa Selección española, da que é capitán dende 2009, ten conquiestado 5 mundiais, os 4 últimos consecutivos (San Juan 2001, San José 2005, Montreux 2007, Vigo 2009, San Juan 2011) e 7 europeos consecutivos (Wimmis 2000, Florencia 2002, La Roche-sur-Yon 2004, Monza 2006, Oviedo 2008, Wuppertal 2010, Paredes 2012).

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Medalla de Ouro da Real Orde del Mérito Deportivo[1] 2011

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Real Orden del Mérito Deportivo 2011". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 20 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]