Papuxa común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa común
Sylvia communis
Sylvia communis
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. communis
Nome binomial
Sylvia communis
Latham, 1787

A papuxa común (Sylvia communis) é unha especie de ave paseriforme do xénero sylvia dentro da familia Sylviidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

A papuxa común presenta unha lonxitude de 14 cm, envergadura de 22 cm, e iris marrón claro de 3'5 mm Ø. A plumaxe pasa desapercibida, o macho posúe a cabeza nun ton gris cincento até debaixo do ollo, coas partes superiores en pardo avermellado, con algunhas plumas das ás en cor marrón claro, a gorxa é branca, as restantes partes inferiores grisáceas e o peito esbrancuxado, lixeiramente irisado dun ton marrón claro. Nesta especie a femia é moi semellante, só que ten a cabeza pardusca e o peito algo máis avermellado.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Desenvólvese en terreos abertos con matos baixos, é dicir, en espazos abertos cubertos de matogueira, xa que se move polas vides, sebes de matogueira, silveiras, buxos, enebros, sabinas e queirugas entre outros, onde pode agocharse mentres segue o curso da súa vida. Localizado en lindeiros con matogueiras, en campos de cultivo, pradarías e bosquetes. Evita vivir preto de espazos habitados, e normalmente recelan da actividade urbana, aínda que en ocasións pode observarse nas proximidades de pobos.

Dieta[editar | editar a fonte]

Son aves principalmente insectívoras, baseando a súa dieta en chinches, eirugas, bolboretas, formigas, abellas, mosquitos e moscas, entre outros, que caza sen descanso. Porén tamén pode inxerir, sobre todo no verán, cereais, e os froitos das matogueiras onde se agochan.

Distribución[editar | editar a fonte]

  • Mundial:
A papuxa común posúe unha área de cría ampla pois atopándose en case toda Europa, agás o norte e as montañas escandinavas. Distribúese tamén por Asia occidental até o río Yenisei, con algúns núcleos en Berbería, Israel, montañas de Irán e Turquestán. Invernante en África tropical, onde se localiza ao longo do mes de setembro e primeira quincena de outubro.
  • España:
Paxaro estival en toda España. Nidificante presente en todas as Comunidades Autónomas peninsulares, cunha maior e máis continua distribución no terzo norte peninsular.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papuxa común
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Papuxa común