Palmeira anana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palmeira anana
Chamaerops humilis en Mallorca
Chamaerops humilis en Mallorca
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Coryphoideae
Tribo: Trachycarpeae
Subtribo: Rhapidinae
Xénero: ''Chamaerops''
Especie: ''C. humilis''
Nome binomial
Chamaerops humilisSh
L.
Sinonimia
  • Chamaeriphe Steck
  • Chamaeriphes Ponted. ex Gaertn.[1]

A palmeira anana[2] Chamaerops humilis, é a única palmeira (i.e. familia palmeiras) autóctona de Europa [3] e a única especie do xénero Chamaerops.

Detalle da folla
Vista da planta no seu hábitat

Xeneralidades[editar | editar a fonte]

É unha planta de gran valor ornamental e ecolóxico moi resistente á seca a partir dos cinco anos. Os seus froitos serven de alimento a moitas especies autóctonas e a súa densidade espiñenta é aproveitada como acubillo para a cría por moitas especies animais. A planta ten valor comercial pola súa beleza e emprégase en xardinaxe pola súa resistencia e por non acadar unha grande altura como outras palmeiras. É moi empregada para xardíns de rocalla e para formar sebes espiñentas que impiden o paso. É frecuente vela en ressorts e hoteis ao ser unha especie rústica que require poucos coidados e soporta ben as condicións dura e a polución. Atópase en invernadoiros para a exportación. É unha especie carismática, extensamente distribuída por todo o litoral mediterráneo español, os rebentos tenros consómense, aínda que non é un produto apreciado. Distribúese polas rexións secas ao longo da costa mediterránea, desde Italia cara o oeste, mais excluíndo a Francia. É común nas costas mediterráneas de España (especialmente en Andalucía), no Algarve portugués, e no norte de Marrocos. Na provincia de Almería medra de forma natural na Serra do Cabo de Gata, onde é unha das súas especies máis características. Os seus froitos son inxeridos por mamíferos (o porco teixo, o raposo, o coello, ungulados) que, en ocasións, actúan como dispersantes das súas sementes.

Propiedades[editar | editar a fonte]

O froito ten un alto contido de ácido butírico,[4] e é usado como antidiarreico, adstrinxente e nutritivo.[4] Úsase tamén como planta ornamental. Os rebentos centrais téñense usado en alimentación. As fibras das follas úsanse na confección de tapices, vasoiras e cordas, tamén para o recheo de tapizarías.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Chamaerops humilis foi descrita por Carol von Linné e publicado en Die Natürlichen Pflanzenfamilien 4(3b): 77. 1891.[5][6]

Etimoloxía

Chamaerops: nome xenérico que provén de Chamai = "gamallo", refiríndose ao hábito anano. [7]

humilis: epíteto latino que significa "de baixo crecemento".[8]

Variedades
Sinonimia
  • Phoenix humilis (L.) Cav.
  • Phoenix humilis Royle
var. humilis
  • Chamaerops arborescens (Pers.) Steud.
  • Chamaerops bilaminata Gentil
  • Chamaerops conduplicata J.Kickx f.
  • Chamaerops depressa Chabaud
  • Chamaerops elegans Hook.f.
  • Chamaerops macrocarpa Tineo[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/genus.pl?2385 (17 August 2013)
  2. Nome vulgar da especie en - Termos esenciais de botánica', Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  3. http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0716-078X2011000200008&script=sci_arttext
  4. 4,0 4,1 4,2 "Palmeira anana". Plantas útiles: Linneo. http://www.plantasutiles.info/plut.html. Consultado o 3 de decembro de 2009.
  5. "Palmeira anana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/29202063. Consultado o 12 de xaneiro de 2013.
  6. Sinónimos en Catalogue of life
  7. (J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, W.J. Baker, M. Harley and C. Lewis. 2008)
  8. En Nomes Botánicos
  9. Variedades en Catalogue of life
  10. [Chamaerops humiliswww.theplantlist.org/tpl/search?q=Chamaerops+humilis Palmeira anana en PlantList]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Palmeira anana
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palmeira anana

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]