Saltar ao contido

Píllara dourada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Píldora dourada»)
Píllara dourada

Exemplar adulto


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Xénero: Pluvialis
Especie: P. apricaria
Nome binomial
Pluvialis apricaria
(Linnaeus, 1758)

A píllara dourada[2][3][4], píllara dourada grande[5][6] ou píldora dourada[7] (Pluvialis apricaria) é unha ave limícola de tamaño grande, moi semellante a dúas especie próximas, a píllara dourada americana (Pluvialis dominiica), e a píllara dourada siberiana (Pluvialis fulva), que son máis pequenas, delgadas e de patas relativamente máis longas. A píllara dourada é unha das especies incluídas no AEWA.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As píllaras douradas miden de 26 a 29 cm de lonxitude e pesan entre 150 e 220 g. A envergadura das súas ás vai dos 67 ó 76 cm. Teñen aspecto gordecho e a cabeza arredondada. Na época de reprodución os machos adultos teñen manchas douradas e negras pola cabeza o lombo e as ás. A cara e o pescozo son negros cunha beira branca e o peito e tamén negro. As femias teñen tamén a parte inferior do corpo escura, pero son menos contrastadas cós machos. A coloración negra é, porén, moi variable, polo que non sempre resulta doado diferencia-los sexos.

A coloración negra desaparece na plumaxe invernal, a cara é e o peito e o ventre son abrancazados. As patas son negras.

Plumaxe de inverno

A súa voz é un berro triste e monótono, que emite na intervalos regulares. A primeiros do ano o canto dos machos que están marcando un territorio é particularmente notorio.

As píllaras douradas comen insectos, crustáceos, vermes e caracois, que apañan do chan en campos, tundras, praias e nas zonas descubertas pola marea baixa.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A zona da cría da especie son os páramos e a tundra da parte máis meridional de Europa e oeste de Asia. Son aves migratorias, que pasan o inverno no sur de Europa, as illas británicas (ó redor de 500.000 exemplares) e o norte de África. Nos cuarteis de inverno viven en campos e prados.

Pluvialis apricaria en Islandia

Aínda que son unha aves relativamente comúns, a súa área de distribución reduciuse algo a causa da perda dos seus hábitats. No século XIX desapareceu como reprodutora, por exemplo, de Polonia. As hoxe moi reducidas poboacións reprodutoras de Centroeuropa son probablemente resultado da derradeira glaciación (Tomek & Bocheński 2005).

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Pluvialis apricaria
Ovo e polos da píllara dourada nun selo das illas Feroe.

O niño das píllaras douradas é unha depresión plana no chan, escasamente acondicionada cun pouco material vexetal. Poñen, con 2 ou 3 días de separación, uns catro ovos duns 52 x 35 mm, de cor castaña verdosa cun debuxo castaño escuro. Os dous membros da parella ocúpanse da incubación. Os polos tardan uns 30 días en rompe-la casca e de seguida están preparados para buscar comida pola súa conta, aínda que son vixiados e dirixidos polos pais.

Cando un intruso se achega ó niño, as píllaras adultas tentan afastalo do seu territorio atraéndoo con manobras de distracción e carreiras.

  1. BirdLife International (2012). "Pluvialis apricaria". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
  3. VV. AA. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4. 
  4. Mª P., Jiménez Aleixandre, (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Xunta de Galicia. 
  5. Definición de píllara no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  6. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X. 
  7. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Tomek, Teresa & Bocheński, Zygmunt (2005): Weichselian and Holocene bird remains from Komarowa Cave, Central Poland. Acta zoologica cracoviensia 48A(1-2): 43-65. PDF texto completo

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]