AEWA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corredors da migracion segun Thompson D. and Byrkjedal, Shorebirds. Colin Baxter, 2001

O AEWA, acrónimo (African-Eurasian Waterbird Agreement) do "Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de africano-auroasiáticas" (African-Eurasian Waterbird Agreement) e un tratado internacional independente desenvolvido baixo os auspicios da UNEP/Asemblea sobre as especies migratorias. Foi asinado o 16 de xuño de 1995 n'A Haia, nos Países Baixos e entrou en vigor en novembro de 1999, despois de que o número mínimo necesario de 14 países, sete de África e sete de Eurasia, o ratificasen.

O AEWA aplícase a 235 especies de aves ecolóxicamente dependentes das zonas húmidas durante polo menos parte do seu ciclo vital anual, entre elas corvos mariños, ibis, flamengos, parrulos, cisnes, garzas, gansos, gaivotas, limícolas e mesmo o pingüín africano .

O acordo cobre 119 países de Europa, parte de Asia, Canadá e África, e intenta coordinar as accións levadas a cabo polos estados implicados durante a migración das aves ás que se aplica. Dos 119 estados implicados, 58 formaban parte como asinantes do tratado o 1 de novembro do 2006.

Os estados que asinaron o convenio acordan levar a cabo unha ampla gama de accións destinadas á conservación das especies afectadas, que se recollen nun Plan de Acción, que especifica puntos clave coma a conservación de hábitats e especies, xestión das actividades humanas, investigación e control, educación e información, e implementacíon.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]