Organización territorial de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de España: comunidades e cidades autónomas.

A organización territorial de España nun Estado unitario rexional ou, como se coñece polas súas particularidades, nun Estado autonómico, está baseada no que indica o artigo 2 da Constitución de 1978, que declara «a indisoluble unidade española» e «garantiza o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas».[1] Este artigo está desenvolvido polo Título VIII sobre a organización territorial do Estado, cuxo artigo 137 establece:

O Estado organízase territorialmente en municipios, en provincias e nas Comunidades Autónomas que se constitúan. Todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses.
Artigo 137 da Constitución española de 1978.[2]

Tralos pactos autonómicos de 1981 e 1992, España vertébrase en 17 comunidades autónomas (unha delas comunidade foral) e dúas cidades autónomas.

Comunidades autónomas:

 Andalucía
 Aragón
 Asturias (Principado de)
 Canarias
 Cantabria
 Castela-A Mancha
 Castela e León
 Cataluña (Catalunya)
 Comunidade Valenciana (Comunitat Valenciana)
 Estremadura
 Galicia
 Illas Baleares (Illes Balears)
 A Rioxa
 Comunidade de Madrid
 Murcia
 País Vasco (Euskadi)
 Navarra (Comunidade Foral de)

Cidades autónomas de:

 Ceuta
 Melilla

Así coma uns territorios situados no norte de África coñecidos como prazas menores de soberanía (Illas Chafarinas, Illas Alhucemas e o Peñón de Vélez da Gomera), administrados directamente polo goberno español. Existe unha illa no río Bidasoa, na fronteira franco-hispana, que cada seis meses está baixo a soberanía de cada un deses países, é a Illa dos Faisáns, é o condominio mais pequeno do mundo.

Cada comunidade autónoma está formada por unha ou varias provincias, ata un total de 50 en todo o territorio nacional. Á súa vez, cada provincia está dividida nun número variable de municipios, que en toda España suman un total de 8131.[3] Os municipios son as entidades territoriais básicas na organización territorial de España. Existen outras entidades territoriais con personalidade xurídica que consisten en agrupacións de municipios (comarca / mancomunidade de municipios) ou en entidades de rango inferior ao municipio, coñecidas como entidades locais menores.

Así pois, España divídese xudicialmente en municipios, partidos xudiciais, provincias e comunidades autónomas. Un partido xudicial pode estar composto por varios municipios. Esta distribución establécese na Lei 38/1988, de 28 de decembro, de demarcación e planta xudicial.[4]

Principios da administración territorial[editar | editar a fonte]

  • Principio de autonomía: a Constitución dota de autonomía a estes entes, pero o Estado é o único soberano. As Comunidades autónomas teñen potestades lexislativas e autonomía política dentro das súas competencias e territorio. A administración local ten facultade para a xestión dos seus intereses, pero non ten capacidade lexislativa.
  • Principio de participación democrática: as institucións elíxense a través de eleccións democráticas por sufraxio universal, libre, secreto e directo.
  • Principio de autonomía financeira: os entes territoriais disporán dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a lei lles atribue nútrense de tributos propios e da súa participación en tributos do Estado e das comunidades autónomas.
  • Principio de solidariedade: o Estado debe garantir a realización principio de solidariedade, establecendo un equilibrio económico adecuado. Para iso créase o Fondo de Compensación Interterritorial, dotado nos Presupostos Xerais do Estado e que se vincula a proxectos que promovan o crecemento da renda.

Comunidades autónomas[editar | editar a fonte]

Comunidades autónomas de España.

O territorio español está dividido en dezasete comunidades autónomas. Cada comunidade autónoma conta cun Goberno autonómico, unha Asemblea autonómica lexislativa e un Estatuto de autonomía que establece a denominación, o territorio, o modelo organizativo e as competencias que a comunidade asume.[5]

A Constitución española de 1978 non determinou cales debían ser as comunidades autónomas, senón que estableceu unha serie de procedementos para a formación das mesmas a partir das provincias españolas. Entre 1979 e 1983 constituíronse as dezasete comunidades autónomas. En orden de accesión á autonomía, as comunidades autónomas son: País Vasco, Cataluña, Galicia, Andalucía, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Murcia, Comunidade Valenciana, Aragón, Castela-A Mancha, Canarias, Navarra, Estremadura, Baleares, Comunidade de Madrid e Castela e León. Ceuta e Melilla quedaron configuradas coma cidades autónomas (en resumo; poseen competencias superiores ás dun municipio español xa que poden decretar regulacións executivas, pero inferiores ás dunha comunidade autónoma posto que non teñen cámaras lexislativas propiamente ditas).

Provincias[editar | editar a fonte]

Mapa das provincias de España.

O ordenamento constitucional configura a Provincia como unha figura determinada pola agrupación de municipios dentro duns límites territoriais, cuxa modificación esixe Lei Orgánica. A Constitución plantexa un papel múltiple para a Provincia. Desta maneira, non só é un ente local, con personalidade xurídica propia e autonomía na xestión dos seus intereses, senón que tamén cumpre a función de división territorial para o cumprimento das actividades do Estado,[6] así como a tarefa de servir como circunscrición electoral.[7]

Como ente autónomo, o seu goberno e administración é atribuído pola Constitución a unha Corporación de carácter representativo, normalmente unha Deputación Provincial.[8] A Lei de Bases de Réxime Local desenvolve tales previsións, sinalando que a Deputación constará de Pleno, Xunta de Goberno, Presidente e Vicepresidente.

Municipios[editar | editar a fonte]

Municipios.

O Municipio é unha Administración Pública que se asenta sobre el territorio do termo municipal, gozando de personalidade xurídica propia e autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses.[9]

A autonomía local deu obxecto de numerosa xurisprudencia por parte do Tribunal Constitucional, que tratou de perfilar un ámbito competencial propio e compatible co poder do Estado Xeral e a comunidade autónoma na que se sitúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Constitución Española de 1978". Noticias Jurídicas. Consultado o 12 de febreiro de 2011. Artículo 2 
  2. "A Constitución Española de 1978". Noticias Jurídicas. Consultado o 12 de febreiro de 2011. Artículo 137 
  3. Datos del registro de Entidades Locales Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas
  4. "Ley 38/1988, de 28 de diciembre, de demarcación y planta judicial". poderjudicial.es (en castelán). 28 de decembro de 1988. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  5. Art. 147.2 CE
  6. Art. 141.1 CE
  7. Art. 68.3 CE
  8. Art.141.2 CE
  9. Art. 140 CE