Sivapithecus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sivapithecus
Rango fósil: Mioceno
Sivapithecus.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Ponginae
Xénero: Sivapithecus
Especies

Sivapithecus indicus
Sivapithecus sivalensis
Sivapithecus parvada

Sinonimia
  • Ramapithecus

Sivapithecus é un xénero extinto de primates homínidos do Mioceno. Os seus fósiles, datados entre 12,5 a 8,5 millóns de anos de antigüidade (Serravalliense a Tortoniense), foron achados desde o século XIX en Siwalik Hills, no que actualmente son a India e Paquistán. Calquera das especies deste xénero poderían ser devanceiros do orangután moderno.