Nelson Valdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nelson Valdez
Nelson Valdez.jpg
Valdez coa selección de Paraguai.
Información persoal
Nome completo Nelson Antonio Haedo Valdez
Nacemento 28 de novembro de 1983 (31 anos)
Lugar Caaguazú, Paraguai
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Al Jazira Club
Carreira xuvenil
Primero de Mayo
1998–2000 Tembetary
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2001 Tembetary 22 (11)
2001–2004 Werder Bremen II 42 (18)
2002–2006 Werder Bremen 78 (21)
2006–2010 Borussia Dortmund 113 (16)
2010–2011 Hércules 25 (8)
2011–2013 Rubin Kazan 20 (3)
2012–2013 Valencia (cedido) 28 (6)
2013– Al Jazira 12 (4)
2014 Olympiacos (cedido) 10 (6)
Selección nacional
2003 Paraguai sub-20 4 (1)
2004– Paraguai 67 (12)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 14 de abril de 2014.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 5 de marzo de 2014.

Nelson Antonio Haedo Valdez, nado en Caaguazú o 28 de novembro de 1983, é un futbolista paraguaio. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Al Jazira Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse coma xuvenil no Primero de Mayo e no Club Atlético Tembetary, equipos do seu pais de orixe. No ano 2000, pasou ao primeiro equipo do Tembetary, e fichou polo Werder Bremen no ano 2001. Pasou as dúas primeiras tempadas no equipo reserva. O 14 de setembro de 2004, debutou na UEFA Champions League nun partido contra o Inter de Milán.

En maio de 2006, asinou por 4 anos co Borussia Dortmund, onde coincidiría na tempada 2009-10, co seu compañeiro de selección Lucas Barrios. O derradeiro gol de Valdez co Borussia foi no empate por 1-1 contra o TSG 1899 Hoffenheim o 18 de abril de 2010.[1]

En agosto de 2010, Valdez asinou un contrato por 3 anos co Hércules CF tras rexeitar ofertas de Rusia. Valdez convertiuse na fichaxe máis cara da historia do Hércules, sendo traspasado por 3.5 millóns de euros. Rematou a súa primeira tempada co Hércules con 8 goles en 25 partidos, mentres que o equipo rematou 19º e descendeu á Liga Adelante.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]