Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O FC Rubín Kazán é un club de fútbol da cidade de Kazán, en Rusia, fundado en 1958, que compite dende 2003 na Liga Premier de Rusia, a máxima categoría do fútbol ruso, e a cal ten gañado dúas veces, nos anos 2008 e 2009.
Torneos nacionais [editar]
- Liga de Rusia (2) = 2008, 2009
- Copa de Rusia (1) = 2009
- Supercopa de Rusia (1) = 2010
O Rubín Kazán xoga os seus encontros como local no Estadio Central de Kazán, un recinto construído en 1960 e que ten unha capacidade para acoller a 30.133 persoas. Un novo estadio con capacidade para 45.000 persoas está a ser construído na cidade, que será o futuro fogar do Rubín Kazán. O novo estadio estará rematado en 2012, para acoller a Universiada de 2013. No Mundial do 2018 este estadio tamén acollerá algúns encontros.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]