Morcego rateiro mediano
| Morcego rateiro mediano | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
|||||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| ''Myotis blythii'' Tomes, 1857 |
|||||||||||||||||||
|
Distribución de Myotis blythii.
|
|||||||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
O morcego rateiro mediano (Myotis blythii) é unha especie de quiróptero da familia Vespertilionidae. Confúndeselle habitualmente coas especies Myotis myotis e Myotis punicus, aínda que é máis esvelto e cun fociño máis fino. Unha mancha branca na pelame frontal tamén axuda a diferencialo.
Índice |
Distribución [editar]
Habita dende Portugal en todas as penínsulas mediterráneas europeas. Tamén no sur e o centro de Francia, en Suíza, conca do Danubio, sur de Ucraína, até o norte da India e Manchuria ao leste.
Hábitat [editar]
É unha especie típica de estepas e pradarías, que se espallaou usando os prados de sega e pasteiros artificiais. Emprega como refuxios cavidades subterráneas e en menor medida faiados de edificios, sotos e bunkers. En época de cría forman grandes colonias, que se disgregan a finais de agosto, sendo semellante aos costumes de M. myotis. Aliméntase de ortópteros e saltóns, pousados nos talos altos, tamén sobre as árbores e nas follas destes.
Ameazas [editar]
Especialmente as derivadas da destrución ou molestias en refuxios, xa sexa por intrusión de persoas ou restauración de edificios; ao criar en grandes colonias a mortalidade, por mala xestión de accesos aos seus refuxios, sobre todo de cría, é habitualmente moi elevada.
Notas [editar]
Bibliografía [editar]
- (en castelán)'' Myotis blythii no Atlas da biodiversidad do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- ''(en inglés)'' Myotis blythii en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).
