Monzón, Huesca
Monzón é unha vila e concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca, situado na comarca do Cinca Medio. En 2008 tiña 17.050 habitantes.,
Índice |
Xeografía [editar]
A localidade de Monzón, de 155 km² de superficie, érguese xunto dos ríos Cinca e Sosa, baixo un castelo, que se levanta no alto dun outeiro. Monzón está atravesado pola estrada N-240 e máis polo camiño de ferro Madrid - Barcelona. Posúe importantes industrias químicas.
Historia [editar]
A cidade espallouse baixo o amparo do castelo, que a domina desde o alto.
Na época de dominación musulmá se disputaban Monzón os Banu Sabrit de Huesca e os Banu Qasi de Lleida. No século XI pertencía á liñaxe dos Banu Hud, sosténdose que foi tomada polo Cid en 1083. Aos cristiáns cumpríalles conquistar Monzón para cortar as comunicacións entre os reinos taifas de Zaragoza e Lleida.
O infante Pedro tomou Monzón en 1089, cando aínda reinaba seu pai Sancho Ramírez de Aragón. Sancho Ramírez creou entón o Reino de Monzón para o infante, o futuro Pedro I, antes de que fose rei de Aragón. En 1143 pasou a pertencer aos templarios.
Durante a Guerra de Cataluña, no reinado de Filipe IV de España, foi tomado no 1642 polas tropas franco-catalás, dirixidas por Philippe de La Motte Houdancourt. No ano seguinte polas tropas castelás de Felipe da Silva.
Nome [editar]
Sostense que provén de Monte de Sión, nome que serviría para ilustrar as relacións dos templario e as cruzadas en Terra Santa. Porén o nome é anterior a eles. Como outras localidades de Portugal, Italia ou Francia, Monzón provén do latín *montione(m), un aumentativo / afectivo de monte(m), acusativo de mons, montis "monte", posibelmente en alusión ao outeiro sobre o que se ergue a fortaleza da localidade
Monumentos [editar]
- O castelo construído polos templarios, sobre unha fortaleza anterior árabe.
- Catedral de Santa María do Romeral, dos séculos XII e XIII.
- Convento de San Francisco, habitado até 1835 (actualmente é a sede do Conservatorio Profesional e máis do auditorio de Monzón).
- Ermida da virxe da Alegría, do século XVII.
- Casa do Concello, dos séculos XVI-XVII.
- Porta de Luzán.
- Muralla románica.
Festas [editar]
- San Mateo (Festas Maiores), o 21 de setembro.
- Luns de Pascua, romaría na ermida de Nosa Señora do Enfuelgo.
Personalidades orixinarias de Monzón [editar]
- Ignacio de Luzán (1702–1754), ilustrado do XVIII, autor dunha "Poética".
- José Mor de Fuentes (1762-1848), enxeñeiro naval y escritor.
- Joaquín Costa y Martínez (1846–1911): intelectual e reformador.
- Javier Moracho, ex-atleta.
- Conchita Martínez (n. 1972), tenista.