Monica Bellucci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monica Belucci
Nacemento Monica Bellucci
30 de setembro de 1964
Citta di Castello, Perugia

Monica Bellucci, nada en Citta di Castello, Perugia, o 30 de setembro de 1964, modelo e actriz italiana.

Índice

[editar] Traxectoria

Os seus primeiros pasos profesionais foron encamiñados a exercer a avogacía, aínda que decidiu exercer de modelo para poder pagarse os estudos na Universidade de Perugia. A vida glamourosa de modelo fíxolle abandonar os seus estudos de dereito.

En 1988, trasladouse a un dos puntos neurálxicos da moda europea, Milán, firmando para a prestixiosa firma Elite Model Management. En 1989 xa era unha modelo aclamada en París e incluso ao outro lado do Atlántico, Nova York. Posou para Dolce & Gabbana e para a marca francesa Elle entre outras. Ese mesmo ano, Monica, toma clases de interpretación, para converterse en actriz.

Monica Bellucci, domina varios idiomas ademais do italiano, a súa lingua natal, coma o francés e o inglés. Isto valeulle para poder actuar en diversos idiomas sen dificultade.

Está casada có tamén popular actor Vincent Cassel, có que coincidiu en numerosos filmes e do que ten unha filla de nome Deva, nacida no ano 2004.

[editar] Filmografía

Monica Bellucci no festival de Cannes en 2002

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas