Miguel Ángel Moratinos

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Miguel Ángel Moratinos (Foto: Fabio Rodrigues Pozzebom/ABr)
Miguel Ángel Moratinos (Foto: Fabio Rodrigues Pozzebom/ABr)

Miguel Ángel Moratinos Cuyaubé (Madrid, 8 de xuño de 1951) é un político e diplomático español.

Tras estudar no Liceo Francés de Madrid, licenciouse en Dereito e en Ciencias Políticas, fala español, francés, inglés, ruso e serbio. Ingresou na carreira diplomática, traballando no Ministerio de Asuntos Exteriores desde 1974 a 1979 como Director para Europa do Leste. Despois estivo destinado na Embaixada de España en Yugoslavia ata 1984, desde onde pasa á de Marrocos ata 1987, momento no que é nomeado Subdirector Xeral para África do Norte. En 1991 dirixe o Instituto para a Cooperación co Mundo Árabe, convirtíndose nun especialista en Oriente Próximo, moi respectado tanto por árabes como por israelíes, sendo nomeado Director Xeral de Política Exterior para África Subsahariana e Oriente Medio en 1993, e trala chegada do PP, Embaixador en Israel en 1996 ata que ese mesmo ano, a Unión Europea lle confia a alta representación da mesma no proceso de paz árabe-israelí, cargo que desenvolvería ata 2003.

En 2004 é elixido Deputado ó Congreso polo PSOE e é nomeado por José Luis Rodríguez Zapatero, Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España, sendo unha das súas primeiras misións a retirada española da Guerra de Irak, o que lle causa suspicacias co goberno dos Estados Unidos.

Para 2007 Moratinos é o Presidente da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa.

Entre as honras máis destacadas querecibiu encóntranse os de:


Predecesor:
Ana Palacio
Ministro de Asuntos Exteriores de España
2004 - Actualidade
Sucesor:
No cargo
Ferramentas persoais