Reimerswaal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reimerswaal
Bandeira de Reimerswaal Escudo de Reimerswaal
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Localización de Reimerswaal en Celandia
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: Flag of Zeeland.svg Celandia
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
243,08 km²
101,97 km²
141,11 km²
Poboación
Poboación: 21.327 (2008)
Densidade: 209 hab/km2
Información
Código postal: 4400 - 4419
Alcalde: Jan Huisman (CDA)
Sitio na web: www.reimerswaal.nl

Reimerswaal é un concello e unha cidade perdida ao sudoeste dos Países Baixos, na provincia de Celandia. A cidade de Goes conta con 21.327 habitantes (2008) e unha superficie de 243,08 km2 (dos cales 141,11 son de auga). Dos núcleos de poboación do concello destaca a cidade Yerseke, coñecida polo comercio dos mexillóns e as ostras e Kruiningen polo antigo transbordador de Kruiningen Perkpolder (en servizo até 2003). O municipio de Reimerswaal xurdiu en 1970, a partir da fusión dos municipios de Krabbendijke, Kruiningen, Rilland-Bath, Waarde e Yerseke.

Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

  • Bath
  • Hansweert
  • Krabbendijke
  • Kruiningen (aquí están localizadas as oficinas municipais)
  • Oostdijk
  • Rilland
  • Waarde
  • Yerseke

A cidade de Reimerswaal[editar | editar a fonte]

O nome do concello provén da antiga cidade de Reimerswaal. Esta vila recibira os seus dereitos de cidade en 1374, máis finalmente foi destruída por reiteradas inundacións, abandonándoa os seus últimos habitantes en 1374, da cidade xa non queda nada. Estaba localizada no que hoxe é o norte do concello, ao leste de Oosterschelde, na terra que hoxe se coñece como "Verdronken Land van Reimerswaal" (Terras anegadas de Reimerswaal).

Transporte[editar | editar a fonte]

As estacións de ferrocarril de oeste a leste do concello: Kruiningen-Yerseke, Krabbendijke, Rilland-Bath, todos na liña de Flesinga a Roosendaal.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]