Borsele
| Borsele | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Situación xeográfica | |||||
| País: | |||||
| Provincia: | |||||
| Xeografía | |||||
| Supericie • Terra • Auga |
194,42 km² 142,03 km² 52,39 km² |
||||
| Poboación | |||||
| Poboación: | 22.563 (2008) | ||||
| Densidade: | 4.459 hab/km2 | ||||
| Información | |||||
| Código postal: | 4430 - 4459 | ||||
| Alcalde: | Jaap Gelok (PvdA) | ||||
| Sitio na web: | www.borsele.nl | ||||
Borsele é un concello ao sudoeste dos Países Baixos, na provincia de Celandia.
O nome do municipio escríbese cunha soa "s", mentres que o do núcleo da poboación principal escríbese con dobre "s" (Borssele).
Índice |
Economía [editar]
En Borssele hai unha planta de enerxía nuclear cun reactor de auga presurizada (PWR) cunha potencia neta de 452 MW. é a única planta nuclear en funcionamento para a produción de electricidade nos Países Baixos. A autorización de explotación prorrogouse até o ano 2033, vinte anos máis da data de peche inicialmente prevista (ano 2013).
O centro COGEMA reprocesa o material fisionable gastado en La Hague, na Baixa Normandía (Francia). Parte do tratamento do residuo nuclear, é dicir, os produtos do reprocesado que non son reutilizables, son devoltos aos Países Baixos, onde son almacenados no COVRA, (Almacén Central para os Residuos Nucleares), que se atopa tamén en Borssele e que é o emprazamento nacional para tódolos residuos nucleares. Dispón dunha superficie suficiente para os próximos 100 anos.
Núcleos de poboación [editar]
Baarland, Borssele, Driewegen, Ellewoutsdijk, 's-Gravenpolder, 's-Heer Abtskerke, 's-Heerenhoek, Heinkenszand, Hoedekenskerke, Kwadendamme, Lewedorp, Nieuwdorp, Nisse, Oudelande e Ovezande.
Transporte [editar]
O tunel Western Scheldt vai de Ellewoutsdijk a Terneuzen en Zeeuws-Vlaanderen.
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||