Sluis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sluis
Bandeira de Sluis Escudo de Sluis
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Sluis respecto de Celandia
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: Flag of Zeeland.svg Celandia
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
307,01 km²
280,20 km²
26,81 km²
Poboación
Poboación: 24.105 (2009)
Densidade: 86 hab/km2
Información
Código postal: 4500-4519, 4524-4529
Alcalde: Jaap Sala (PvdA)
Sitio na web: www.gemeentesluis.nl

Sluis é un concello e unha cidade de Celandia, no sudoeste dos Países Baixos. A municipalidade foi creada o 1 de xaneiro de 20003, pola fusión dos antigos concellos de Oostburg e Sluis-Aardenburg. Está considerado o porto da cidade belga de Bruxas (estado ao que pertenceu durante séculos).

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada no século XIII, a vila de Sluis foi recoñecida como cidade en 1290. O nome orixinal era Lamminsvliet, que se utilizou até 1324, cando se lle cambiou por Sluys ou Sluis. En xuño de 1340, unha gran frota ao mando do rei Eduardo III de Inglaterra atacou a rada de Sluis (durante a Guerra dos Cen Anos) e bateu ás naves de Filipe VI de Francia executando unha gran matanza.

A partir desta derrota e comprendida a súa importancia estratéxica, moi pronto se converteu nunha praza fortificada, especialmente cando en 1382 foi posta ao mando de Louis de Male, conde de Flandres, cuxos descendentes a administraron e coidaron dela no futuro. O conde ordenou a construción do Castelo de Sluis en 1385. A porta máis importante da cidade, a Steenen Ber ou "Pedra do Oso", foi destruída en 1437 polo exército de Bruxas pero reconstruída máis tarde.

Ao estalar a Guerra dos Oitenta Anos, Sluis padeceu unha vez máis. Este sanguento conflito comezou en 1568 entre España e as Provincias Unidas. En 1587 Sluis foi conquistada polo Duque de Parma que ordenou agrandar as fortificacións. As galeras españolas utilizaron as augas baixo a cidade como punto de amarre ata que en 1604 o gobernador español ordenou ás súas tropas evacuar Sluis. A cidade foi ocupada polo príncipe Mauricio de Nassau ese mesmo ano, xunto con Aardenburg.

As últimas adicións e modificacións ás súas obras defensivas foron executadas por Menno van Coehoorn durante a Guerra de Sucesión Española, en 1702. En 1784 o castelo, gravemente danado pola artillaría napoleónica, foi demolido definitivamente en 1820. O centro da cidade foi rodeado totalmente por murallas (moitas de cuxas seccións sobreviven até hoxe).

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Sluis vista dende a canle
Vista de Sluis co campanario de fondo

As igrexas[editar | editar a fonte]

Sluis tivo dúas importantes igrexas góticas, pero ambas desapareceron: Onze-Lieve-Vrouwekerk e Sint-Janskerk. Unha delas incendiouse en 1811 e a outra foi demolida en 1823.

A igrexa actual data do século XX, e está contigua a un dos orgullos da cidade: a Casa do Concello co seu campanario, que en 1960 recibiu un excelente carillón. Dentro da cidade amurallada atópase tamén un antigo muíño de vento, hoxe restaurado logo de sufrir danos na Segunda Guerra Mundial. Por desgraza, a cidade sufriu espantosos bombardeos no ano 1944 e foi destruída case por completo, polo que os edificios históricos que hoxe ven non son máis que reproducións.

Outros lugares[editar | editar a fonte]

Para o turista moderno, é imprescindible visitar o centro da cidade, a canle construída por Napoleón, as murallas, as portas da cidade, o campanario do Concello, o muíño e o moderno e atarefado centro comercial da cidade.

Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

Ademais da propia cidade de Sluis, o concello conta cos seguintes núcleos de poboación:

  • Aardenburg
  • Breskens
  • Cadzand
  • Draaibrug
  • Eede
  • Groede
  • Heille
  • Hoofdplaat
  • IJzendijke
  • Nieuwvliet
  • Oostburg
  • Retranchement
  • Schoondijke
  • Sint Anna ter Muiden
  • Sint Kruis
  • Terhofstede
  • Waterlandkerkje
  • Zuidzande
  • Zwindorp

Sint Anna ter Muiden, cunha poboación de só 50 habitantes (2001), é unha pequena vila arredor de un quilómetro ao oeste da cidade de Sluis, o que é o punto máis occidental dos Países Baixos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]