Cuadriga
A cuadriga (do latín, quadri-, catro, e jungere, uncir, unir mediante unha xunta) (quadriga), en tempos do Imperio Romano, era un tipo de carruaxe tirado por catro cabalos en liña. O vehículo foi utilizado polos xenerais cando entraban triunfalmente nas cidades.
Índice |
[editar] A cuadriga como símbolo
Esta situación deulle un carácter "victorioso" a este tipo de carro, polo que na cultura occidental os monumentos que representan este vehículo serven para conmemorar as vitorias.
O monumento deste tipo máis famoso é a Cuadriga de Berlín (Alemaña) que coroa a Porta de Brandemburgo. Esta escultura, obra de Johann Gottfried Schadow, foi retirada de Berlín en 1806 polo exército de Napoleón I, quen a levou a Francia como trofeo. Trala caída de Napoleón, a obra foi devolta a Berlín onde permanece actualmente. A obra foi gravemente danada durante a Segunda Guerra Mundial, polo que nos anos 1950 foi necesario fundir novamante a escultura empregando os moldes orixinais.
Dende 2003, a asociación 'Werkstatt Deutschland' (Taller Alemaña) concede en Berlín cada 3 de outubro, día daReunificación alemá, o premio 'Quadriga' a persoas destacadas pola súa «amplitude de miras, pragmatismo, compromiso e credibilidade».[1]
Outra cuadriga famosa é a que adorna o "Arco de Triunfo do Carrusel" en París (Francia), en terreos do Museo do Louvre.
[editar] Véxase tamén
[editar] Notas
- ↑ Kohl recibirá premio Quadriga como 'destacado europeo de posguerra' (castelán). Deutsche Welle 17/9/2005. Consultado o 3/9/2007.