Martin Hägglund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartin Hägglund

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estocolmo
Universidade do Estado de Nova York en Buffalo
Universidade Cornell Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario , especialista en literatura Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca, lingua inglesa, lingua francesa, lingua dinamarquesa, lingua alemá e lingua norueguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Martin Hägglund, nado o 23 de novembro de 1976 en Sollentuna (Estocolmo), é un filósofo[1] sueco e estudoso da literatura modernista.[2] É profesor de Literatura Comparada e Humanidades na Universidade Yale.[3] É tamén membro da Harvard Society of Fellows, na que foi socio Junior de 2009 a 2012.[4] É o autor de Kronofobi: Essäer om tid och ändlighet (2002), Radical Atheism: Derrida and the Time of Life (2008), Dying for Time: Proust, Woolf, Nabokov (2012) e This Life: Secular Faith and Spiritual Freedom (2019).

Obras[editar | editar a fonte]

Radical Atheism (2008)[editar | editar a fonte]

Radical Atheism é unha intervención centrada esenciamente na deconstrución. Detalla a xeito de novela unha recensión do pensamento de Jacques Derrida sobre o tempo e o espazo, a vida e a morte, o ben e o mal, o propio e o alleo. De acordo con Hägglund, todos os nosos compromisos implican un investimento e uns coidados para unha vida finita. Mediante a deconstrución da noción do tempo, Hägglund mostra de que xeito reconsidera Derrida a constitución de identidade, a ética, a relixión e a emancipación política de acordo co feito do tempo ser finito.

Dying for Time (2012)[editar | editar a fonte]

Dying fot Time ofrece novos puntos de vista da cuestión da temporalidade na obra de Marcel Proust, Virginia Woolf e Vladimir Nabokov. Por medio dunha relación entre Sigmund Freud e Jacques Lacan, Hägglund desenvolve amais unha teoría propia da relación entre o tempo e o desexo ("chronolibido"), en que trata temas coma o dó e a melancolía, o pracer e a dor, ou o apego e a perda.

This Life (2019)[editar | editar a fonte]

Nesta obra, Hägglund realiza unha crítica do ideal relixioso da eternidade e reconcibe a fe, no aspecto secular, como a forma fundamental de compromiso práctico. Mediante novas interpretacións do pensamento de G.W.F. Hegel, Karl Marx e Martin Luther King, Hägglund desenvolve as participacións sociais e políticas da súa análise da nosa existencia temporal, e argumenta que o traballo concibido dende a perspectiva do capitalismo aliena a nosa vida finita.

A través da reivindicación de reconsiderarmos os nosos valores, Hägglund presenta unha visión de socialismo democrático como modo de vida post-capitalista. Dese xeito poderiamos posuír o noso tempo de xeito real e recoñecer a nosa liberdade compartida.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brown, Nathan (inverno de 2019). "The revival of Hegelian Marxism on Martin Hägglund’s This Life". Radical Philosophy (en inglés) (206): 34–42. ISSN 0300-211X. 
  2. Winters, David (5 de febreiro de 2013). "Terror and Beauty: Martin Hägglund’s “Dying for Time”". Los Angeles Review of Books (en inglés) (Los Angeles, EUA). Consultado o 8 de agosto de 2022. 
  3. "Hägglund named Baldwin Professor of Comparative Literature and Humanities". Yale News (en inglés). 10 de maio de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2022. 
  4. "Senior and Junior Fellows" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 8 de agosto de 2022. 
  5. "Schückska priset". Svenska Akademien. 13 de marzo de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2020. 
  6. "Martin Hägglund tilldelas Hedeniuspriset 2020". 
  7. "Martin Hägglund-John Simon Guggenheim Memorial Foundation". 
  8. "Professor Martin Hägglund wins the prestigious René Wellek Prize". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]