Manuel Almunia Rivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Almunia
AlmuniaWHU.jpg
Información persoal
Nome completo Manuel Almunia Rivero
Nacemento 19 de maio de 1977
Lugar Pamplona (Navarra),
Altura 1,92 m
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
CD Oberena
1998-1999 Osasuna Promesas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999-2001 Osasuna 0
1999–2000 Cartagena FC (Cedido) 3
2000-2001 CE Sabadell FC (Cedido) 25
2001-2004 Celta de Vigo 0
2001-2004 SD Eibar (Cedido) 35
2001-2004 Recreativo de Huelva (Cedido) 2
2001-2004 Albacete Balompié (Cedido) 24
2004-2012 Arsenal FC
2011 West Ham United (Cedido)
2012- Watford F.C.
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Manuel Almunia Rivero, nado o 19 de maio de 1977 en Pamplona é un futbolista que xoga na demarcación de gardameta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no CD Oberena da cidade navarra, que esta vinculado coma filial co Osasuna. Na tempada 1998/99 pasa a ser o porteiro titular do Osasuna Promesas. Ao ano seguinte pasa a ter contrato co primeiro equipo pero sairía cedido, primeiro ao Cartagena FC e ao CE Sabadell FC ao ano seguinte.

Tras o seu bo papel no Sabadell ficha polo Celta de Vigo no verán de 2001 ao rematar o seu contrato co Osasuna. Porén nunca chegaría a debutar co equipo vigués xa que foi cedido durante os tres anos que militou no equipo. Primeiro ao SD Eibar de Segunda División, onde gaña o Trofeo Zamora da categoría, e despois ao Recreativo de Huelva e Albacete Balompié de Primeira. Neste último equipo desbancaría da titularidade a todo on mito como o arxentino Roa.

Esta traxectoria ascendente fixo que no verán de 2004 volvese a Vigo pero so para asinar o seu traspaso ao Arsenal F.C. Inglés por un prezo de 6 millóns de euros.

Na Premier League[editar | editar a fonte]

No equipo dirixido por Arsène Wenger comezou como segundo porteiro, por detrás do alemán Jens Lehmann, disputando so os encontros da Copa da Liga e a FA Cup. O ano seguinte seguiu nas mesmas condicións pero chegou a disputar parte da final da Copa de Europa ao ser expulsado Lehmann ante o FC Barcelona, Almunia acabaría encaixando os dous goles que lle darían a vitoria ao equipo catalán.

Na tempada 2007/08 finalmente faise ca titularidade no campionato ligueiro, abrindose o debate incluso da conveniencia de que fora convocado ca Selección de fútbol de Inglaterra trala súa nacionalización[1]. Defendeu a portería gunner coma titular indiscutibel ata 2010 cando comezou a perder peso a causa do bo momento do gardameta polaco Wojciech Szczęsny.

O 30 de setembro de 2011 foi cedido ao West Ham United durante dous meses a causa da lesión do porteiro titular do equipo. Trala súa volta ao Arsenal en outubro dese mesmo ano non volvería disputar ningún encontro co equipo de Arsène Wenger, e rescindiría o seu contrato ao rematar a tempada[2].

Tras quedar libre fichou polo Watford F.C. no verán de 2012, onde renovou contrato ata 2014[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ficha en Bdftubol