Wojciech Szczęsny
Szczęsny en 2011 |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Wojciech Tomasz Szczęsny | ||
| Nacemento | 18 de abril de 1990 (23 anos) | ||
| Lugar | Varsovia, Polonia | ||
| Altura | 1,95 m. | ||
| Posición | Porteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Arsenal | ||
| Número | 1 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 2004–2005 | Agrykola Warsaw | ||
| 2005–2006 | Legia Warszawa | ||
| 2006–2009 | Arsenal | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2009– | Arsenal | 53 | (0) |
| 2009–2010 | → Brentford (cedido) | 28 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2007–2010 | Polonia sub-20 | 4 | (0) |
| 2009– | Polonia sub-21 | 7 | (0) |
| 2009– | Polonia | 11 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2012. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 8 de xuño de 2012. |
|||
Wojciech Tomasz Szczęsny, nado o 18 de abril de 1990 en Varsovia, é un futbolista polaco. Xoga de porteiro e o seu club actual é o Arsenal FC. Ademais, é internacional na selección de Polonia.
Índice |
Traxectoria [editar]
Club [editar]
En 2006, Szczęsny chegou á canteira do Arsenal FC, ascendendo ao equipo reserva na tempada 2008-09. Szczęsny foi convocado por primeira vez co primeiro equipo o 24 de maio de 2009 nun partido de liga contra o Stoke City.
O 20 de novembro de 2009, Szczęsny foi cedido ao Brentford FC durante un mes. O 22 de decembro, o Arsenal extendeu a cesión durante un mes máis ata o 17 de xaneiro de 2010, e despois ata o 31 de xaneiro. Finalmente, foi extendida a súa cesión ata o 31 de maio.
Selección [editar]
Tras pasar polas categorías inferiores da selección polaca, chegou ao primeiro equipo en outubro de 2009.
Szczęsny foi incluído tamén no plantel da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012. Foi titular no primeiro partido contra a selección grega, e foi expulsado tras cometer un penalti sobre Dimitris Salpigidis.