Luisa Carnés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuisa Carnés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luisa Genoveva Carnés Caballero Editar o valor em Wikidata
3 de xaneiro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCompañía Iberoamericana de Publicaciones (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioClarita Montes, Natalia Valle, Peregrinos del Calvario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRamón Puyol Román

Luisa Genoveva Carnés Caballero —tamén coñecida polos pseudónimos de Clarita Montes e Natalia Valle—[1], nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1905 e finada en Cidade de México o 12 de marzo de 1964, foi unha escritora e xornalista española. Militante comunista, exiliouse en México ao final da Guerra Civil Española.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu nunha humilde familia madrileña. O seu pai, Luís Carnés, era barbeiro e practicante, e a súa nai, Rosario Cabaleiro, era xastra, pero abandonou o traballo para coidar de seis fillos dos cales Luisa era a maior, quen abandonou a escola aos once anos e entrou como aprendiza no taller de chapeus da súa tía Petra Caballero Aparicio. Pouco despois deixou este traballo para pasar ao obrador dunha pastelaría.[2] Como conta nunha entrevista que lle fixeron en 1930:

Aos once anos aprendín un oficio. Entón, quizais, xurdiron en mí as inquedanzas, que aínda non me abadonaron, as preguntas ás que mesmo non atopei resposta. Por que as mulleres ódianse entre elas tan terriblemente?[3]

Nesas mesmas páxinas confesou que en 1923 colleu a pluma por primeira vez para facer un conto e que, como non se podía gastar un duro nun libro, alimentábase espiritualmente cos folletos publicados nos xornais e coas novelas baratas e así foi ascendendo até Cervantes, Dostoievski, Tolstói... de maneira autodidacta a través de textos que adquiría e intercambiaba en librarías populares, mentres traballaba, tamén desde 1928 como telefonista ou mecanógrafa na casa editorial Compañía Ibero-Americana de Publicacións (CIAP). Alí coñeceu ao seu primeiro marido, o debuxante Ramón Puyol Román (1907-1981), co que tivo ao seu fillo Ramón. Gozou dalgunha notoriedade literaria e tras a quebra da editorial marchou a Alxeciras. Pouco despois volveu a Madrid, onde traballou como camareira nun salón de té que lle inspirou, segundo algunhas persoas, o seu mellor libro, Tea Rooms. Mujeres obreras Gran parte da súa obra está imbuída da súa ideoloxía, pois foi militante do PCE e apoiou a Clara Campoamor na súa defensa do sufraxio feminino.[4] Defensora activa da causa republicana, ao estalar a Guerra Civil escribiu artigos e teatro de combate na súa defensa que estreou con Rafael Alberti ata que pasou a Francia por La Jonquera. Librouse de ir parar a un campo de concentración grazas ao ofrecemento do presidente mexicano Lázaro Cárdenas, e así terminou exiliada en 1939 en México, embarcándose no famoso transatlántico Veendam[5]xunto cun puñado de intelectuais republicanos. Alí permaneceu até a súa morte en marzo de 1964 nun accidente de automóbil, no que a súa familia se salvou.

Obra[editar | editar a fonte]

Deixou un corpus literario dunha ducia de novelas, sesenta contos, trescentas obras de teatro e centos de crónicas. O primeiro relato atopado na prensa é Mar adentro (1926), publicado en La Voz (Madrid), o 22 de outubro de 1926 (páxina 7). Entre esta data e a primavera de 1929 publicou catro relatos na prensa, feito raro para as persoas novas no mundo da cultura.[6]

A súa primeira obra impresa, Peregrinos del Calvario (1928), reúne unha serie de novelas curtas con influencias de Dostoievski, Tolstoi, seriadas e novelas populares, nun ton relixioso común aos seus primeiros textos. Con esta obra sorprendeu á crítica pola madurez do seu estilo, a súa forza expresiva e as excelentes habilidades de observación.[7] Así, con só vinte e tres anos, irrompe nos círculos literarios madrileños e axiña se converte nunha das figuras femininas máis destacadas da cultura española dos anos 30 grazas á súa narrativa social. Colaborou activamente nos principais medios da época, especialmente en La Voz e nos semanarios Estampa e Crónica, con contos, relatos e reportaxes.

En 1930 aparece a súa segunda publicación narrativa, ambientada en Madrid e cunha interesante figura como protagonista que dá nome á obra, Natacha, ambientada nun taller téxtil onde traballou durante un tempo. Foi aclamada pola crítica como unha obra madura. E en 1934 publicouse Tea Rooms. Mujeres obreras, a súa novela máis marcadamente social, unha novela-reportaxe con experiencias reais de mulleres traballadoras da época, reeditada en 2016 por Hoja de Lata.[8]

En 1936, xa iniciada a Guerra Civil, irrompeu na escena española con Así empezó..., estreada o 22 de outubro no Teatro Lara de Madrid (rebautizado como Teatro da Guerra, sección teatral do Altofalante do Fronte), un drama de agitprop (propaganda de axitación) nun acto que recibiu excelentes críticas pola súa «orixinalidade e interese».[7][9]

Os seus últimos meses en España, así como a súa saída en 1939 e a súa chegada a México, foron narrados en De Barcelona a la Bretaña francesa. Episodios de heroísmo y martirio de la evacuación española, que permaneceu inédita en mans do seu fillo até 2014 en que foi publicada por Renacimiento.[10][11]Escribiu tamén a novela El eslabón perdido, no que a autora describe o conflito xeneracional que enfronta aos exiliados adultos e aos seus descendentes, que non coñeceron a patria perdida e anhelada, e que buscan o seu lugar na terra que os acolleu.[10]

Tamén escribiu outras dúas obras dramáticas publicadas en México, sen que quede constancia da súa estrea: Aniversarios (1966) e Los vendedores de miedo (1966).[7]

En 2017, a editorial Hoja de Lata publicou unha selección dos seus contos englobados baixo o título Trece contos (1931-1963), e ao ano seguinte Espuela de Prata, os seus contos completos. No ano 2019, Espuela de Prata publicou a súa segunda novela: Natacha (1930).

En 2022, Tea Rooms. Mujeres obreras foi levada ao teatro en versión e dirección de Laila Ripoll.[12][13]

Labor como xornalista[editar | editar a fonte]

A súa vida como xornalista en España foi curta, xa que se viu interrompida pola guerra civil. Durante a República formou parte do grupo de xornalistas que destacou na prensa madrileña. Practicou un xornalismo de inmersión en aspectos pouco coñecidos da realidade, buscando o lado humano e trasladando aos seus escritos a resposta a cuestións que preocupaban ao pobo.[11]

Os seus primeiros traballos periodísitcos apareceron en Ondas (1929), La Voz (1930) y Nuevo Mundo (1933). Consolidouse nas publicacións gráficas do grupo Montiel. Salientaron os seus traballos durante tres anos no semanario Estampa: «Una mujer busca trabajo» (1934),«El hombre que sirve los periódicos al presidente de la República» (1934) e «La chalequera que le regaló un chaleco a don Alfonso XII» (1934). Tamén produxo reportaxes seriados: «Los hombres célebres vistos por sus cuidadores» (1934-1935) e «Mi vida: las memorias de Miss España recogidas por Luisa Carnés» (1934).[11]

Incorporouse ao diario Ahora en 1934, destacando o seu artigo «Pensión completa. Memorias de un sirviente» (1934), e xa durante a guerra civil: «Las monjas luchan por la República. Una de ellas se hace comunista» (1936); e en Estampa: «El mono proletario, uniforme de honor» (1936), «Carteles antifascistas» (1936), «Un nuevo arte de la guerra en las calles de Valencia» (1937) e «Un día en las trincheras» (1937), nos que se achegou á fronte e á vida en retagarda. Durante estes anos colaborou tamén en Mundo Obrero e Altavoz del Frente, Frente Rojo, e co pseudónimo de Natalia Valle no diario da Xuventude comunista La Hora (1938).[11]

Exilio en México[editar | editar a fonte]

En México, Carnés comezou a traballar na radio e centrou o seu traballo no ámbito xornalístico. Como exiliada e militante comunista e feminista colaborou en distintas publicacións Romance (1940), España Popular (1942), Nuestro Tiempo (1947), España y la Paz (1951), Juventud de España y Mujeres Españolas (1951), órgano da Unión de Mulleres Antifascistas Españolas, publicación da que foi directora. Como xornalista profesional traballou na gran prensa mexicana: El Nacional, La Prensa, Novedades e a revista Noticias Gráficas, onde adoitaba asinar co pseudónimo de Clarita Montes. Até 1951 desdobrou a súa identidade para diversificar a súa produción, pois para ela as actividades literarias e xornalísticas debían separarse, por iso é polo que utilizase distintos pseudónimos.[11]

Pensamento e narrativa[editar | editar a fonte]

Carnés proxectou nos seus personaxes femininos a súa propia biografía, as súas vivencias e a evolución das tensións existenciais. A súa conciencia política levábaa a unha visión emancipadora das clases traballadoras, no que pretendía mostrar de forma especial as contradicións dun sistema inxusto que castigaba ás mulleres. Aos seus protagonistas permítelles desafiar o curso da historia permitíndolles actos de rebeldía e provocación.[11]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

  • Tea rooms. Mujeres obreras. Hoja de Lata Editorial, 2016. Adaptada ao teatro por Laila Ripoll en 2022.[14]
  • Trece cuentos. Hoja de Lata Editorial, 2017.
  • Rosalía. Hoja de Lata Editorial, 2017.
  • De Barcelona a la Bretaña francesa. Editorial Renacimiento, 2014.
  • El eslabón perdido. Editorial Renacimiento, 2017.
  • Rojo y gris. Cuentos completos I, Ediciones Espuela de Plata, 2018.
  • Donde brotó el laurel, Cuentos completos II. Ediciones Espuela de Plata, 2018.
  • Natacha, Ediciones Espuela de Plata, 2019.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 7 de marzo de 2019 inaugurouse na Cidade dos Poetas, distrito Moncloa-Aravaca de Madrid, un parque dedicado a Luisa Carnés. Foi un acto sinxelo, ao que asistiu a concelleira do distrito, Montserrat Galcerán, e algúns dos seus familiares. Os seus netos leron textos ad hoc[15].

Familiares, autoridades y allegados posan ante la placa del parque recién inaugurado.
Inauguración do parque Luisa Carnés en Madrid, 7 de marzo de 2019.

En 2021, o seu neto Juan Ramón Puyol iniciou un proxecto para «recuperar» o Madrid da época de Carnés a través das testemuñas biográficas deixadas na súa obra.[16]

O 31 de outubro de 2022 foi unha das elixidas para representar ás vítimas da ditadura no Día de recordo e homenaxe ás vítimas do golpe militar, a Guerra Civil e a ditadura.[17]

En abril de 2023, Televisión Española decide gravar unha serie baseada na súa obra Tea Rooms.[18]

En marzo de 2023, a Biblioteca Central de Coslada (municipio de Madrid) pasa a chamarse Luisa Carnés, en recoñecemento a esta autora.

En maio de 2023, representouse a súa obra no teatro Teatro Lope de Veiga de Sevilla.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hernández Cano, Eduardo (2009). "Carnés Caballero, Luisa Genoveva" XI. Real Academia de la Historia: 529–530. 
  2. Plaza, Antonio (2016): «A propósito de la narrativa del 27. Luisa Carnés: revisión de una escritora postergada», epílogo en Tea Rooms (2016).
  3. Entrevista publicada en la revista Crónica en marzo de 1930. Véase Inés Martín Rodrigo, "Luisa Carnés, la escritora que no salía en la fotografía de la Generación del 27", en Abc, 11-VI-2017: http://www.abc.es/cultura/libros/abci-luisa-carnes-escritora-no-salia-fotografia-generacion-27-201706110104_noticia.html
  4. Ángeles López, 13-VI-2017: "Luisa Carnés, la «sinsombrero» olvidada", en La Razón, http://www.larazon.es/cultura/luisa-carnes-la-sinsombrero-olvidada-AA15372640?sky=Sky-Junio-2017#Ttt1eQErdXTtDyPr
  5. "Institución - Veendam (barco de vapor)". Consultado o 2023-09-28. 
  6. Plaza, Antonio (2016): «A propósito de la narrativa del 27. Luisa Carnés: revisión de una escritora postergada», epílogo en Tea Rooms (2016).
  7. 7,0 7,1 7,2 Autoras en la historia del teatro español. II (1500-1994). Madrid: Asociación de Directores de Escena de España. 1996-2000. p. 343-347. 
  8. Sanz, Marta (29 de septiembre de 2016). "Luisa Carnés cuenta los brioches". El País. Consultado o 15 de octubre de 2016. 
  9. "Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España". Consultado o 15 de octubre de 2016. 
  10. 10,0 10,1 "El rescate editorial de Luisa Carnés, mecanógrafa en la CIAP". 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 Díaz Nosty, Bernardo (2020). Voces de mujeres periodistas españolas del siglo XX nacidas antes del final de la guerra civil. Renacimiento. p. 426-430. ISBN 978-84-17950-58-3. 
  12. "TEA ROOMS de Luisa Carnés. Versión y dirección Laila Ripoll". Consultado o 9 abril 2022. 
  13. "'Tea Rooms' retrato de mujeres trabajadoras con Madrid al fondo" (en castelán). 2022-03-11. Consultado o 2022-04-02. 
  14. García, Rocío (2022-03-10). "La gran novela social de Luisa Carnés llega al teatro" (en castelán). Consultado o 2023-01-28. 
  15. Pupular, Crónica. "Luisa Carnés, el rescate de una escritora del exilio silenciada – Crónica Popular" (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2019. 
  16. Cruz, Luis de la (2021-03-28). "Reconstruyendo el Madrid de Luisa Carnés" (en castelán). Consultado o 2021-05-17. 
  17. "La Moncloa. 31/10/2022. Pedro Sánchez asegura que hoy "honramos muchas vidas anónimas sepultadas bajo una losa de indiferencia imperdonable" y llama a "edificar sobre su recuerdo una memoria democr& [Presidente/Actividad]" (en castelán). Consultado o 2023-01-28. 
  18. RTVE, PRENSA (2023-04-24). "Nueva serie diaria de RTVE basada en la novela de Luisa Carnés" (en castelán). Consultado o 2023-05-14. 
  19. Sevilla, Diario de (2023-05-06). "‘Tea Rooms’: mujeres en la precariedad y el cansancio" (en castelán). Consultado o 2023-05-14. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Olmedo, Iliana (2012). "Divergencias generacionales en torno a la idea del exilio: la propuesta de Luisa Carnés". El exilio republicano de 1939 y la segunda generación. Biblioteca del Exilio. Anejos 15. Sevilla (España): Editorial Renacimiento. pp. 1088–1095. 
  • Olmedo, Iliana (2014). "Nuestro silencio nos hará criminales. La obra dramática de Luisa Carnés". El exilio teatral republicano de 1939 en México. Sevilla (España): Editorial Renacimiento. 
  • Plaza Plaza, Antonio (enero-junio de 2010). Teatro y compromiso en la obra de Luisa Carnés. Acotaciones. nº 25. pp. 95–122. 
  • Plaza Plaza, Antonio (2017). "Carnés Caballero, Luisa»". Diccionario biobibliográfico de los escritores, editoriales y revistas del exilio republicano de 1939. Biblioteca del Exilio. Anejos 30. Sevilla (España): Editorial Renacimiento. 
  • Olmedo, Neus (2014). "Una obrera toma la palabra". En Iliana Olmedo. Itinerarios de exilio: la obra narrativa de Luisa Carnés. Biblioteca del Exilio. Anejos 17. Sevilla (España): Editorial Renacimiento. pp. 9–11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]