Tea Rooms. Mujeres obreras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tea Rooms. Mujeres obreras
Autor/aLuisa Carnés
Data de pub.1934
editar datos en Wikidata ]

Tea Rooms. Mujeres obreras (en galego: Salón de té. Mulleres obreiras) é unha novela social escrita por Luisa Carnés. Foi publicada en 1934. Está baseada na experiencia da autora que traballou como camareira e dependenta nun coñecido local de hostalaría.[1]

Contexto[editar | editar a fonte]

Na segunda década do século XX en España xurdiron editoriais de ideoloxía progresista como Biblos, a colección Vanguardia do editor Javier Morata, a Biblioteca Internacional e a Biblioteca Antorcha do Partido Comunista Español (PCE), Tierra y Libertad desde o anarquismo, que querían concienciar aos lectores e lectoras. A aparición da colección La Novela Social, dirixida por César Falcón e inaugurada pola editorial Biblioteca Nueva en 1928 considerouse o comezo deste fenómeno.[2]

Cada novelista efectuaba unha versión persoal do compromiso e Carnés, xunto a Federica Montseny e Margarita Nelken fixérono desde o punto de vista feminista. Ela realizou, ademais, unha análise política xa que puxo de manifesto a ausencia de dereitos das traballadoras. Ademais falaba de temas que preocupaban especialmente ás mulleres, como o divorcio, a maternidade, a educación, o matrimonio ou o aborto.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

A autora, de orixe obreira, quixo que a súa novela fose lectura para as mulleres traballadoras. Nela retratou a sociedade da Segunda República, especialmente a situación das mulleres e a súa dobre explotación, no ámbito privado e no público. Aínda que o seu ton sexa vangardista, utiliza unha linguaxe directa e de denuncia.[4]

A novela expón o surximento dunha muller nova que busca a emancipación a través do traballo. A acción vira ao redor dun salón de té, próximo á Porta do Sol de Madrid. Nel consegue traballo a protagonista, Matilde, que buscaba traballo de mecanógrafa, e a súa vida crúzase coa doutras traballadoras. É unha vida dura, de moitas horas e pouco soldo e na que as reivindicacións laborais son algo impensable En palabras de Matilde, as súas vidas se poden condensar na frase: «Dez horas de traballo, cansancio, tres pesetas».[5]

Traza o día a día de todo o elenco de personaxes[1] e, mediante o recurso dun narrador omnisciente,[6] se expoñen dous mundos opostos, o das persoas opresoras e o das persoas oprimidas. O dono e a encargada do salón de té, están descritos con caracteres negativos; estes, con maior profundidade. A autora, cun estilo delicado e ao mesmo tempo contundente,[6] mostra un evidente posicionamento do lado das persoas oprimidas. Ofrece tres espazos narrativos, os barrios onde están os fogares das empregadas, a cidade cos seus tranvías, coches e piquetes de folga e o salón de té, dividido tamén en espazos.[7]

Repercusión[editar | editar a fonte]

Tea rooms foi un dos libros máis vendidos no seu momento. Este éxito fixo posible que Carnés se convertese en xornalista.[7] Ao acabar a guerra civil tivo que exiliarse o que provocou o esquecemento case total da súa obra. Con todo, a reedición de Tea rooms: mujeres obreras, no ano 2016, fixo que volvese a súa popularidade.[4]

Teatro[editar | editar a fonte]

Laila Ripoll versionou e dirixiu a obra de teatro Tea rooms que foi estreada no Teatro Fernán Gómez de Madrid en 2022.[8]

Televisión[editar | editar a fonte]

En agosto do 2023,Televisión Española, comezou a rodaxe da serie baseada na novela, esperando estreala en outubro para recuperar parte da audiencia perdida.[9] Finalmente, estreouse o 29 de setembro de 2023 unha adaptación libre da obra en formato de serie diaria baixo o título La Moderna, con produción executiva de Luís Santamaría e Humberto Miró (Boomerang TV) e Fernando López Puig (RTVE).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carnés, Luisa (2016). Tea rooms. Hoja de lata. ISBN 9788416537112. 
  2. Careaga, Raquel Arias (2017-04-21). "La literatura de Luisa Carnés durante la Segunda República: Tea rooms" (en castelán) (1). ISSN 2530-8238. doi:10.15366/crrac2017.1.005. Consultado o 2023-05-09. 
  3. Iliana Olmedo (2012). "El trabajo femenino en la novela de la Segunda República:" Tea rooms"(1934) de Luisa Carnés". Consultado o 15-05-2023. 
  4. 4,0 4,1 Nistal, Lucía Hellín (2019-12-30). "'Tea Rooms. Mujeres obreras': una novela de avanzada de Luisa Carnés" (en castelán) (14): 179–202. ISSN 2340-1869. doi:10.7203/KAM.14.13806. Consultado o 2023-05-09. 
  5. "Tea Rooms. Mujeres obreras". lecturalia.com. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  6. 6,0 6,1 Azancot, Nuria (7 de marzo de 2022). "'Tea Rooms. Mujeres obreras', el mísero Madrid de los años 30". elespanol.com (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2024. 
  7. 7,0 7,1 MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, ÁNGELA (2022). "La potencialidad narrativa de Luisa Carnés. Una propuesta para leer Tea rooms: mujeres obreras (1932)". Revista Internacional de Estudios Literarios. ISSN 2174-2464. Consultado o 15-05-2023. 
  8. "Tea Rooms | Teatro Fernán Gómez" (en castelán). Consultado o 2023-05-15. 
  9. TRESB (25 de abril de 2023). "Tea Rooms: Mujeres obreras, todo lo que sabemos de la nueva serie de época de TVE". elmundo.es (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2024.