Lázaro Cárdenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lázaro Cárdenas del Río

Lázaro Cárdenas del Río, nado en Jiquilpan o 21 de maio de 1895 e finado en Ciudad de México o 19 de outubro de 1970, foi un xeneral e estadista mexicano, Presidente de México do 1 de decembro de 1934 ó 30 de novembro de 1940.

Destacou, entre outras accións de goberno, pola reforma agraria e a creación dos "ejidos" no sector agropecuario mexicano; pola nacionalización dos recursos do subsolo, en especial do petróleo, e por haber brindado asilo político ós exiliados españois durante a guerra civil. Tamén, por ter consolidado as bases de funcionamento do Partido Nacional Revolucionario e o seu proceso evolutivo, a raíz da incorporación das grandes centrais obreiras, cara ó Partido de la Revolución Mexicana, antecesores do Partido Revolucionario Institucional (PRI).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]