Lucía Aldao
Lucía Aldao, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1982, é unha poetisa e artista galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Iniciada na poesía durante a adolescencia, o seu éxito levouna a estender as súas actividades, levando unha carreira paralela como cantante e guitarrista mutante, guionista e animadora cultural[1].
Desde o ano 1998, viaxa polo país ofrecendo recitais de poesía. En 2005, xúntase coa tamén poeta María Lado [2] para darlle forma ó espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. En 2006 chegaría Poeta de mierda, xunto coa actriz Pepa Yáñez. Na actualidade continúan experimentando coa poesía ó vivo baixo o nome Moita poesía, pouca diversión, e en recitais colectivos como A hostia en verso, Merendacea, ou Vendo a miña alma (poxa de poetas).
Colaborou xunto co actor Carlos Blanco no espectáculo Dillei, e no programa da TVG Somos unha potenzia, ambos dirixidos por este. Exerceu de presentadora para as galas Acústico feminino e Poesía e ciencia. Forma parte do proxecto musical alDDao, xunto co artista e músico Diego Delgado, que comezou coa gravación dunha versión do She's Lost Control, de Joy Division. Foi asidua colaboradora das performances de Maribolheras precárias.
Coordinou os certames literarios Curtis treme, Curtis mon amour e Happy Curtis para o concello de Curtis. Participa tamén cunha colaboración poética cada domingo no programa Tres peixes voando, da Radio Galega.
[editar] Obras
[editar] Poesía
- Unha ducia máis un, 2005. Con fotografías do arquitecto Luis Muñoz.
[editar] Antoloxías e obras colectivas
- Aliteración en ti, 2000.
- Quixen ir a Nevermore, 2001.
- O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra.
- Negra Sombra, 2003, Espiral Maior.
- Os gozos e as sombras, 2005.
- Forxa literaria.
- O desafío das ondas, 2006.
- Poética da casa, 2006.
- Isto é un poema e hai xente detrás, 2007, Espiral Maior.
- Plantando libros, 2007.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- Munditações, 2011.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
[editar] Premios literarios
- Premio Tanxedoira.
- Premio Minerva.
- Premio de poesía Francisco Fernández del Riego.
- Premio de poesía O Facho.
- Premio de poesía GZcrea.
[editar] Espectáculos
- Dillei. Actriz e guionista na obra de Carlos Blanco.
- Onde esté un cubata que se quite un soneto (2005). Recital de poesía con proxeccións e música electrónica.
- Acústico feminino. Presentación da gala do Día da Muller Traballadora.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
[editar] Referencias
- ↑ Lucia Aldao e María Lado no evento Poesía Alimentaria
- ↑ María Lado y Lucía Aldao inauguran mañana el ciclo de poesía ´En femenino´ (castelán). “"una pieza híbrida y poco convencional en la que se mezcla la poesía desenfada, la música y el performance"”