Eduardo Estévez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eduardo Estévez, nado en Bos Aires, Arxentina, en 1969, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Naceu en Bos Aires onde residiu até 1990. Á idade de 16 anos comezou a frecuentar o obradoiro literario do xornalista e escritor Daniel Arias. En 1990 publicou o seu primeiro libro de poemas. Ese mesmo ano trasladouse a Caracas, Venezuela.
Participou do obradoiro literario do Centro de Estudios Latinoamericanos Rómulo Gallegos, coordinado polo poeta Harry Almela. En 1994 veu a luz o seu segundo título, froito do seu primeiro encontro coa poesía galega.
En 1995 instálase na comarca compostelá. Comeza a frecuentar actos literarios e traba relación con varios poetas das novas fornadas (Rafa e Miro Villar, Marta Dacosta, Yolanda Castaño, Estevo Creus, Celso Fernández Sanmartín e Paco Souto, entre outros).
Comeza a súa produción en galego que ve luz por vez primeira en 1998.
Dende entón a súa obra obtén varios premios: accésit en 1997 do premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña, finalista do premio Tivoli Europa dese en 1999, premio de poesía Concello de Carral e premio Eusebio Lorenzo Baleirón (ambos en 2002), Premio Miguel González Garcés (2008)[1]. Os seus textos aparecen incluídos en diversos volumes colectivos e publicacións periódicas.
En outubro de 2008 inicia a columna poética "esca e pedra" dentro da páxina web culturagalega.org.
Participa da fundación de Letras de Cal, editora cooperativa da que será activo membro ata a súa desaparición en 2001. Funda -con Estevo Creus e Rafa Villar- Retagarda Edicións, efémero proxecto de edicións dixitais (2000).
Entre 1996 e 1999 coordinou diversos obradoiros literarios en centros de ensino de Vilanova de Arousa (IES A Basella), Betanzos (IES Francisco Aguiar), Santiago de Compostela (IES As Fontiñas) e Ourense (IES Otero Pedrayo e IES O Couto). Impartiu, asemade, obradoiros literarios para formación do profesorado (dentro das Xornadas de Ensino da CIG en Compostela (2002) e dentro do programa de formación do profesorado no Centro de Formación de Recursos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en Tui (2006).
Entre 2005 e 2007 coordinou un obradoiro literario na Biblioteca Municipal das Pontes e dende 2000 coordina outro na Biblioteca Municipal de Fene.
Colaborou en diversas publicacións periódicas (O Correo Galego, A Nosa Terra, Faro de Vigo) e foi responsábel dos blogs "o ollo da vaca", "en construción" e "mirar para este lado".
Dende 2006 reside na Coruña.
[editar] Obra
- Catedrales de perfil (Buenos Aires, RundiNuskín editor, 1990)
- Ya tan deshabitado (Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1994)
- só paxaros saíron desta boca (Accésit do premio de poesía Miguel Gonzélez Garcés 1997 - Provincia da Coruña, Deputación da Coruña, 1998)
- lúa gris (Finalista do premio Tivoli Europa 1999 - Vigo, Edicións Xerais, 1999)
- os veos da paisaxe (Compostela, Retagarda Edicións, 2000)
- caderno apócrifo da pequena defunta (XV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2002 - Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 2003)
- derrotas (VI Premio de poesía Concello de Carral 2002 - A Coruña, Espiral Maior, 2004)
- Postais (texto escrito en colaboración con Caro Erlich) (edición web, 2005)
- mapas para describir a ausencia (edición web, 2005)
- itinerarios (antoloxía coral de textos de Eduardo Estévez realizada por Estevo Creus, Marta Dacosta, Celso Fernández Sanmartín, María Lado, María do Cebreiro, Antía Otero, Baldo Ramos, Rafa Villar e o propio autor- Compostela, El Correo Gallego-Concello de Santiago-Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2005)
- en construción (proceso publicado na web, 2006)
- construcións (Compostela, Edicións Positivas, 2008).