Louella Parsons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLouella Parsons

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Louella Rose Oettinger Editar o valor em Wikidata
6 de agosto de 1881 Editar o valor em Wikidata
Freeport, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAterosclerose Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaHoly Cross Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónDixon High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFofoca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , locutora de radio , crítica de cinema , guionista , xornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHarry Martin (1930–1951)
FillosHarriet Parsons Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0663860 Rottentomatoes: celebrity/louella_parsons Allmovie: p55237
Discogs: 2256873 WikiTree: Oettinger-37 Find a Grave: 794 Editar o valor em Wikidata

Louella Rose Oettinger, nada en Freeport (Illinois) o 6 de agosto de 1881 e finada en Santa Monica (California) o 9 de decembro de 1972, foi unha guionista e primeira columnista de cinema estadounidense, coñecida como Louella Parsons. Foi contratada por William Randolph Hearst a causa da súa defensa da amante de Hearst, Marion Davies,[1][2] e converteuse nunha influente figura de Hollywood. No seu cumio, as súas columnas eran lidas por vinte millóns de persoas en 400 xornais de todo o mundo.

Permaneceu como a indiscutible "raíña dos rumores de Hollywood" ata a chegada da ostentosa Hedda Hopper, con que reñeu durante anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Parsons naceu como Louella Rose Oettinger en Freeport, filla de Joshua Oettinger e Helen Stein, ambos os dous xudeus. Tivo dous irmáns, Edwin e Fred e unha irmá, Rae. En 1890, a súa nai, viúva, contraeu matrimonio con John H. Edwards e marcharon vivir a Dixon, Illinois. Mentres estaba na escola secundaria, Parsons obtivo o seu primeiro traballo nun xornal como editora de drama para o Dixon Morning Star.

Ela e o seu primeiro marido, John Parsons mudáronse a Burlington, Iowa. Nesta cidade Parsons viu o seu primeiro filme, The Great Train Robbery, de 1903.

Cando o seu matrimonio finalizou, Parsons mudouse a Chicago, onde comezou a escribir guión para filmes para Essanay Studios. Tamén escribiu o libro How to Write for the Movies.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1924 Parsons comezou a escribir a primeira columna de rumores nos Estados Unidos para Chicago Record Herald. William Randolph Hearst mercou o xornal en 1918 e Parsons foi despedida do seu emprego, xa que Hearst non descubrira aínda que os filmes e as personalidades deles eran noticia. Parsons mudouse a Nova York e comezou a traballar para o New York Morning Telegraph escribindo unha columna semellante, que atraeu a atención de Hearst en 1922; despois dunha negociación sagaz por ambas as partes ela asinou un contrato e uniuse ao xornal de Hearst New York American.

En 1925 Parsons contraeu tuberculose e comunicáronlle que lle quedaban seis meses de vida. Mudouse a Arizona polo clima seco e despois aos Ánxeles, California, onde decidiu permanecer; coa doenza en remisión volveu traballar converténdose en columnista sindicada de Hollywood para Hearst. Mentres ela e o magnate das publicacións desenvolveron unha relación forte e a súa columna en Los Angeles Examiner chegou a aparecer en máis de seiscentos xornais de todo o mundo, cun público de máis de vinte millóns de lectores e Parsons foise convertendo nunha das voces máis poderosas da industria do cinema coa súa asignación diaria de rumores. Segundo a amante e protexida de Hearst, Marion Davies, nas súas memorias publicadas postumamente The Times We Had, Parsons animou os seus lectores a “dar unha oportunidade a esta rapaza”, mentres que a maioría dos críticos desprezaban a Davies. Por este motivo, Hearst contratou a Parsons.

Iniciado 1928, ela conducía un programa semanal de radio con entrevistas a estrelas cinematográficas patrocinado por SunKist. Un programa similar foi patrocinado en 1931 por Charis Foundation Garment. En 1934 asinou un contrato con Campbell Soup Company e comezou a presentar un programa titulado Hollywood Hotel que mostraba as estrelas nas escenas dos seus próximos filmes.

Parsons foi especialmente coñecida pola súa asombrosa habilidade de publicar antes que os seus competidores as exclusivas máis saborosas e coñecer moitos dos segredos das celebridades. Estivo asociada a varias empresas de Hearst durante o resto da súa carreira. Parsons viuse como o árbitro social e moral de Hollywood. Os seus xuízos foron considerados a última palabra en moitos casos, e o seu desfavor era temido por moitos máis que o dos críticos de cinema. O seu formidable poder permaneceu intacto ata 1937, cando Hedda Hopper, unha actriz de carácter dende os tempos do cinema mudo, con quen Parsons fora amabale e mencionaba de cando en vez na súa columna, e que devolvera o favor ao darlle informacións, foi contratada para ser columnista de rumores dun dos xornais rivais de Hearst. Parsons e Hopper convertéronse entón en inimigas.

Parsons tamén realizou numerosas aparicións como ela mesma en filmes como Hollywood Hotel (1937), Without Reservations (1946) e Starlift (1951).

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada, Parsons viviu nunha residencia, onde morreu de arteriosclerose o 9 de decembro de 1972, con 91 anos. Convertida ao catolicismo,[3][4] á misa do seu funeral asistiron personaxes da industria do cinema cos que mantiña unha amizade real. Foi enterrado no Holy Cross Cemetery en Culver City, California.[5]

Parsons ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood de Hollywood, un polo cinema no 6418 Hollywood Boulevard e un pola radio no 6300 Hollywood Boulevard.

Memorias[editar | editar a fonte]

En 1944, escribiu as súas memorias, The Gay Illiterate, publicada por Doubleday, Doran and Company, que se converteu nun bestseller. Seguiuno outro volume en 1961, Tell It to Louella, publicado por G.P. Putnam's Sons.

Nas súas historias persoais, eliminou elementos significativos para aliñar a súa vida co catolicismo que comezou a practicar na mediana idade. Dicía que o seu primeiro marido falecera nun barco de transporte de volta á casa da primeira guerra mundial, deixándoa viúva en lugar de ser unha nai solteira divorciada. O seu segundo matrimonio e divorcio de Jack McCaffrey é omitido.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Parsons casou tres veces. Primeiro co axente da propiedade e corretor John Dement Parsons, con que casou en 1905. Desta unión, tiveron unha filla chamada Harriet que naceu o 23 de agosto de 1906 e que se converteu en escritora para unha revista californiana. Tamén foi unha das poucas mulleres produtoras no sistema de estudios, aínda que tivo que loitar polo seu lugar a pesar da influencia da súa nai.

Parsons divorciouse de John en 1914. Un ano despois casou con John McCaffrey Jr. A parella divorciouse posteriormente.

O seu terceiro matrimonio foi co cirurxián dos Ánxeles Harry Martin (a quen chamaba "Docky") en 1930; Martin serviu no corpo médico do exército durante a primeira e a segunda guerras mundiais. A súa especialidade eran as enfermidades venéreas e chegou ao posto de oficial xefe médico da Twentieth Century Fox. Continuaron casados ata a morte de Martin o 24 de xuño de 1951.[7]

Trala morte de Martin, foi parella do escritor de cancións Jimmy McHugh, que a presentou a moitas das sensacións musicais adolescentes da época, incluído Elvis Presley. A parella era habitual en festas, estreas e locais nocturnos como Dino’s Lodge en Sunset Strip.[6]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anger, Kenneth (1975). Hollywood Babylon. Nova York: Dell. p. 151. ISBN 978-0-440-15325-2. 
  2. Collins, Amy Fine. "The Powerful Rivalry of Hedda Hopper and Louella Parsons". Vanity Fair. Conde Nast. Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  3. "Louella Parsons". www.nndb.com. 
  4. Barbas, Samantha (24 de outubro de 2005). "The First Lady of Hollywood: A Biography of Louella Parsons". University of California Press – vía Google Books. 
  5. Louella Parsons en Find a Grave (en inglés)
  6. 6,0 6,1 Collins, Amy Fine. "The Powerful Rivalry of Hedda Hopper and Louella Parsons". vanityfair.com. Consultado o 11 de otubro de 2019. 
  7. Dr. Martin is dead. Fox Film official. The New York Times. 25 de xuño de 1951
  8. Vernon, Terry (8 de marzo de 1956). "Tele-Vues". Long Beach Independent (California, Long Beach). p. 42. Consultado o 21 de abril de 2018 – vía Newspapers.com. 
  9. "Louella Parsons". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]