Lingua dacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dacio
Falado en: rexión correspondente ás actuais Romanía, Moldavia, parte de Ucraína, Hungría, Serbia, e norte de Bulgaria
Extinción: probabelmente arredor do século VI AdC
Familia: Indoeuropea
 Dacio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ine
ISO 639-3: xdc

A lingua dacia foi unha lingua indoeuropea falada polo pobo antigo dos dacios. Considérase que foi unha variante setentrional do tracio ou ben que ambas linguas eran parentes próximos.

Temas indoeuropeos

Linguas indoeuropeas
Albanés · Anatolio · Armenio
Báltico · Céltico · Dacio · Eslavo
Frixio · Grego · Indoiranio · Itálico
Tracio · Tocario · Xermánico
 
Pobos indoeuropeos
Albaneses · Anatolios · Armenios
Bálticos · Celtas · Eslavos
Gregos · Indoarios · Indoiranios
Iranios · Itálicos · Tracios
Tocarios · Xermanos
 
Protoindoeuropeos
Lingua · Relixión · Sociedade
 
Hipóteses Urheimat
Hipótese anatolia · Hipótese armenia
Hipótese india · Hipótese Kurgan · TCP
 
Estudos indoeuropeos

Moitas das características do dacio son descoñecidas ou discutidas. Non hai apenas documentos escritos en dacio. O que se coñece da devandita lingua provén de:

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

O dacio era unha das máis extensas linguas da Europa sudoriental, estendéndose a partir do leste da actual Hungría ata a costa do Mar Negro. De acordo cos achados arqueolóxicos, as orixes da cultura dacia poderían situarse en Moldavia, identificada como a evolución da Cultura de Besarabia na Idade do Ferro.

Evolución fonética a partir do Protoindoeuropeo[editar | editar a fonte]

Ver artigo principal: Evolución fonética do protoindoeuropeo ao dacio.

As consoantes sonoras aspiradas *bh- e *dh en PE convertéronse en sonoras: b, d (dacio -dava < PE *dhe-, "fixar, sistematizar", etc.). PE *b- permanece como b (dacio -balus; kinuboila < -uboila < PE *abel-, etc.), e *d permanece como d- (dacio Decebalus etc.).

Unha correspondencia atopada entre dacio e tracio é unha variación de vogal, a (dacio)/e (tracio): cfr. dacio Zalm- (< Zalmoxis. Isto presupón que Zalm- en Zalmoxis deriva do PE *kel-, "cubrir", e polo tanto coincide co mesmo étimo do tracio zelmis, que seguramente deriva do PEÉ *kel-. Porén, unha etimoloxía oposta afirma que Zalm- debería ser considerada unha variante de Zamol-, do PE *dhghom-, "terra"; esta derivación é rexeitada por outros lingüistas aducindo varias razóns, como que as fontes máis antigas testemuñan a forma Zalmoxis, non Zamolxis. Pero os partidarios do étimo *dhghom- apóianse no nome do deus terrestre lituano, Zjameluks.), tracio zelmis (< PE *kel-, "cubrir"), "pel, coiro"; dacio Zald- (< Zaldapa), tracio zeltas (< PE *ghel-, "resplandecer"); dacio reconstruído *barz- (< romanés barza, "cegoña"), tracio Berz- (< Berzobis, Berzana; PE *bherəg-, "branco"); v. Olteanu et al. Esta é unha das numerosas evidencias a favor da existencia dunha rama daco-tracia do indoeuropeo.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Na década de 1950, o lingüista búlgaro Vladimir Georgiev publicou unha obra onde se demostraba que a fonoloxía da lingua dacia é próxima á do albanés, contribuíndo así á hipótese de que o dacio pertencese á mesma rama que o albanés, unha grupo denominado Daco-Moesio (ou Daco-Misio), onde o moesio (ou misio) sería un dialecto de transición entre o dacio e o tracio. Hai cognados entre daco-tracio e albanés que poderían ser a evidencia da afinidade lingüística daco-tracia-albanesa, e moitas palabras de substrato en romanés teñen a súa correspondencia en albanés.

Extinción[editar | editar a fonte]

Escenario hipotético segundo o cal os albaneses serían un pobo derivado dos dacios.

Non se coñece con claridade cando deixou de falarse exactamente a lingua dacia, nin se ten descendentes vivos. A conquista romana inicial de parte de Dacia non terminou coa lingua, xa que tribos libres de dacios como os carpianos puideron haber continuado usándoa en Moldavia e rexións limítrofes ata o século VI ou VII, onde influíu en certa maneira na formación das linguas eslavas.

De acordo cunha hipótese, unha rama do dacio continuou coa lingua albanesa (Bogdan Hasdeu 1901); outra hipótese conecta o albanés non co dacio, senón coas linguas ilirias.

O dacio como substrato do proto-romanés[editar | editar a fonte]

Azul = terra conquistada polo Imperio Romano. Laranxa = área poboada polos dacios libres.

O dacio podería haber formado gran parte do substrato do protorromanés, que se desenvolveu a partir do latín vulgar falado nos Balcáns ao norte da liña Jirecek, que divide as zonas de influencia de latín e grego.

Está baixo discusión se o dacio conforma realmente o substrato do protorromanés (ver Orixe dos romaneses), así coma se esta teoría non relaciona a romanización da Dacia, xa que o dacio era falado tamén en Moesia e ao sur e norte de Dardania. Preto de 300 palabras nas linguas romances orientais (romanés, arumano, megleno-romanés, istro-romanés) poderían derivar do dacio, xa que moitas dela posúen un caracter satem, como se esperaría de palabras daco-tracias (ver Substrato romance oriental).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]