Leonardo DiCaprio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonardo DiCaprio
Leonardo DiCaprio by David Shankbone.jpg
Nacemento Leonardo Wilhelm DiCaprio
11 de novembro de 1974
Os Ánxeles, California, Flag of the United States.svg Estados Unidos
Profesión actor, produtor
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Leonardo Wilhelm DiCaprio (n. 11 de novembro, 1974) é un actor estadounidense gañador dun Globo de Ouro no 2004 como mellor actor pola súa película The Aviator. É coñecido polo seu papel como Jack en Titanic (1997).

Nacido nos Ánxeles, California, fillo de George DiCaprio, autor, produtor e distribuidor de banda deseñada underground[1], e Irmelin Idenbirkin. Seu pai é metade italo-estadounidense e metade xermano-estadounidense. Súa nai é alemá. O nome de Leonardo vén porque mentres súa nai estaba embarazada, fronte a unha pintura de Leonardo da Vinci en Italia, el pateou dentro do ventre, iso fixo que ela decidise chamalo como o famoso artista. Seus pais divorciáronse cando tiña un ano de idade. Creceu en Boto Park, Os Ánxeles, California.

Leonardo DiCaprio (á esquerda), Martin Scorsese e Cameron Diaz

A súa carreira como actor iniciou en 1990 cando foi parte do elenco da serie de televisión baseada no filme Parenthood. O seu seguinte proxecto televisivo sería a exitosa telecomedia Growing Pains, en cuxas últimas tempadas participou comezando a adquirir popularidade en EEUU.

O seu debut na pantalla grande fíxoo na película Critters 3 (1991).

En 1993 traballou con Robert De Niro e Ellen Barkin en This Boy's Life e en 1996, protagonizou Romeo + Juliet, nunha versión moderna do clásico de Shakespeare.

En 1997 convértese en superestrela e ídolo de mozas cando interpreta o personaxe de Jack Dawson en Titanic. Esta película converteuse no filme máis taquilleiro de todos os tempos e gañou 11 Premios Oscar da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

Traballou ademais con algúns dos mellores directores de cine, por exemplo Steven Spielberg, Martin Scorsese, Sam Raimi, James Cameron ou Woody Allen entre outros.

Índice

[editar] Vida persoal

DiCaprio no ano 2000

O seu mellor amigo é Tobey Maguire, con quen participou en Roseanne e This Boy's Life. Foi relacionado sentimentalmente con Bobbie Brown, Emma Bunton, Karen Butler, Naomi Campbell, Mariah Carey,Magaly Peralta, Zaira Parraguez, Michelle Silva Tineo, Lady Torres, Helena Christensen, Linnea Dietrichson, Carmen Electra, Sara Foster, Bridget Hall, Natasha Henstridge, Eva Herzigova, Paris Hilton, Kendra Jade, Carla Paneka, Bijou Phillips, Alicia Silverstone, Alyssa Sourovoya, Amber Valetta, e moitas máis mulleres.

Leonardo saíu oficialmente coa supermodelo brasileira Gisele Bündchen desde o 2002, pero terminaron en 2005. Dende 2006, a súa parella é a supermodelo israelí Bar Refaeli.

[editar] Filmografía

[editar] Actor

Filme
Ano Título Papel Notas
1991 Critters 3 Josh
1992 Poison Ivy Mozo
1993 This Boy's Life Tobias "Toby" Wolff
1993 What's Eating Gilbert Grape Arnie Grape
1994 The Foot Shooting Party Bud
1995 The Quick and the Dead Fee Herod, "The Kid"
1995 The Basketball Diaries Jim Carroll
1995 Total Eclipse Arthur Rimbaud
1996 Romeo + Juliet Romeo
1996 Marvin's Room Hank
1997 Titanic Jack Dawson
1998 The Man in the Iron Mask Rei Luís XIV de Francia/Philippe
1998 Celebrity Brandon Darrow
2000 The Beach Richard
2001 Don's Plum Derek
2002 Catch Me If You Can Frank William Abagnale Jr.
2002 Gangs of New York Amsterdam Vallon
2004 The Aviator Howard Hughes
2006 Infiltrados Billy Costigan
2006 Blood Diamond Danny Archer
2007 The 11th Hour Narrador/Produtor Documental
2008 Body of Lies Roger Ferris
2008 Revolutionary Road Frank Wheeler
2010 Shutter Island Teddy Daniels
2010 Hubble 3D Narrador Documental
2010 Inception Dom Cobb
2011 J. Edgar J. Edgar Hoover
2012 The Great Gatsby Jay Gatsby
Televisión
Ano Título Papel Notas
1990 The Outsiders Rapaz loitando Episodio: "Pilot"
1990 Parenthood Garry Buckman
1990 The New Lassie Mozo novo Episodio: "Livewire"
1990 Santa Barbara Xoven Mason Capwell
1991 Roseanne Darlene's Classmate Episodio: "Home-Ec"
1991–1992 Growing Pains Luke Brower

[editar] Produtor

Filme
Ano Título Notas
2004 The Assassination of Richard Nixon Produtor executivo
2004 The Aviator Produtor executivo
2007 The 11th Hour Produtor
2007 Gardener of Eden Produtor
2008–2010 Greensburg Producer
2009 Orphan Produtor
2011 Red Riding Hood Produtor
2011 The Ides of March Produtor executivo

[editar] Premios

[editar] Oscars

Ano Categoría Película Resultado
2006 Oscar ó mellor actor Blood Diamond Candidato
2004 Oscar ó mellor actor The Aviator Candidato
1993 Oscar ó mellor actor de reparto What's Eating Gilbert Grape Candidato

[editar] Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado
2007 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Blood Diamond Candidato
2007 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama The Departed Candidato
2005 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama The aviator Gañador
2003 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Catch Me If You Can Candidato
1998 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Titanic Candidato
1994 Globo de Ouro ó mellor actor de reparto What's Eating Gilbert Grape Candidato

[editar] Screen Actors Guild

Ano Categoría Película Resultado
2006 Mellor actor Blood Diamond Candidato
2006 Mellor actor de reparto The Departed Candidato
2004 Mellor actor The Aviator Candidato

[editar] Notas

  1. Film Reference

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas