The Beach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A praia
Título orixinal The Beach
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Danny Boyle
Produtor Andrew Macdonald
Guión John Hodge
Baseado en The Beach de Alex Garland
Intérpretes Leonardo DiCaprio
Virginie Ledoyen
Guillaume Canet
Robert Carlyle
Tilda Swinton
Paterson Joseph
Música Angelo Badalamenti
John Cale
Brian Eno
Fotografía Darius Khondji
Montaxe Masahiro Hirakubo
Estudio
Distribuidor 20th Century Fox
Ano 2000
Duración 119 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Xénero Aventuras
Orzamento $50.000.000[1]
Recadación $154.056.873
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

The Beach é un filme de aventuras dirixido por Danny Boyle baseado na novela de 1996 The Beach escrita por Alex Garland, que foi adaptada para o filme por John Hodge. Está protagonizada por Leonardo DiCaprio. Tamén aparecen neste filme Tilda Swinton, Robert Carlyle, Virginie Ledoyen e Guillaume Canet. Foi rodada na illa tailandesa de Koh Phi Phi.

Argumento[editar | editar a fonte]

O desexo de vivir experiencias interesantes, de atopar algo ou alguén auténtico é o que empurra a Richard (Leonardo DiCaprio), un xoven mochileiro, a ir a Tailandia. Unha vez en Bangkok, alóxase nun hotel de mala morte, onde coincide cunha parella de franceses: Étienne (Guillaume Canet) e Françoise (Virginie Ledoyen). Pero, sobre todo, coñece a Daffy (Robert Carlyle), un viaxeiro destruído por anos de sol e drogas e que está de volta de todo. Daffy, un ser tortuoso e paranoico, cóntalle a Richard unha historia fantástica sobre unha illa paradisíaca, sobre unha praia perfecta que nunca foi profanada polos turistas.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]