Shutter Island

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shutter Island
Ficha técnica
Título orixinalShutter Island
DirectorMartin Scorsese
ProdutorMartin Scorsese
Bradley J. Fischer
Mike Medavoy
Arnold W. Messer
GuiónLaeta Kalogridis
Steven Knight
Baseado enShutter Island de Dennis Lehane
IntérpretesLeonardo DiCaprio
FotografíaRobert Richardson
MontaxeMick Audsley
Thelma Schoonmaker
EstudioAppian Way Productions
Phoenix Pictures
Sikelia Productions
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea2010
Duración138 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense psicolóxico
Orzamento$80 000 000[1]
Recadación$294 804 195
Na rede
http://www.shutterisland.com
IMDB: tt1130884 Filmaffinity: 173696 Allocine: 132039 Rottentomatoes: m/1198124-shutter_island Mojo: shutterisland Allmovie: v422205 TCM: 736326 Metacritic: movie/shutter-island TV.com: movies/shutter-island Netlix: 70095139Editar o valor em Wikidata

Shutter Island é un filme americano de intriga e suspense psicolóxico dirixido por Martin Scorsese. A película está baseada na novela do mesmo nome escrita por Dennis Lehane no 2003.

O filme está protagonizado por Leonardo DiCaprio, que interpreta a un policía de Boston enviado a un centro psiquiátrico, situado nunha pequena illa chamada Shuter Island, para investigar a estraña desaparición dunha perigosa paciente do hospital mental. A produción comezou en marzo do 2008 e fixouse o seu lanzamento para o 2 de outubro do 2010, pero a súa produtora, Paramount Pictures, adiantou esta data e, finalmente, foi estreada o 19 de febreiro do 2010 nos EUA e en Europa.

Está considerado un dos filmes co final máis confuso, e o que máis pescudas en liña xera.[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

No verán de 1954, os axentes federais Teddy Daniels (Leonardo DiCaprio) e Chuck Aule (Mark Ruffalo) son destinados a Ashecliffe, un perigoso hospital psiquiátrico situado nunha remota illa estadounidense chamada Shutter Island, para investigaren as estrañas circunstancias da desaparición dunha reclusa, Rachel Solando, que internara no centro mental despois de afogar os seus tres fillos. Por outra banda, o axente Daniels acepta o caso cun interese persoal, atopar a Andrew Laeddis; o asasino da súa muller, o cal, segundo soubera Daniels, se atopa interno nese mesmo centro.

Os dous axentes comezan a facer indagacións acerca de Rachel, sen contar coa axuda do doutor John Cawley, a cabeza visible da institución, que non parece moi disposto a colaborar con eles na investigación. Por este motivo, ambos axentes deciden marchar da illa debido á falta de axuda por parte dos máximo responsable do hospital. Pero, debido a unha forte tormenta na illa, os dous axentes vense na obriga de quedaren uns días máis. Os seguintes sucesos xirarán en torno á teoría de Daniels, na que sospeita que nese mesmo centro psiquiátrico se realizan crueis experimentos con reclusos. Pero, sen apenas descubrir o que ocorre nesa illa, o axente verase atrapado nun labirinto do que non lle será doado saír.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]