Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Led Zeppelin, lanzado no 12 de xaneiro de 1969, foi o primeiro disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin. Este álbum foi toda unha revolución musical do seu tempo e é considerado como un dos mellores discos debut do rock, creando unha nova interpretación deste xénero. Nel o grupo crea o que sería unha dinámica no resto das súas producións, a fusión do rock e o blues. No disco tamén aparecen riffs virtuosos, folk e influencias da música da costa oeste americana.
Listaxe de cancións [editar]
Dise que Robert Plant participou na escritura das cancións, pero que non apaceceu nos créditos por motivos contractuais, xa que aínda tiña contrato coa CBS.
- Jimmy Page - Guitarra acústica, eléctrica, pedais, segundo vocalista, producctor
- Robert Plant - Vocalista, armónica
- John Paul Jones - Baixo, órgano, teclados, segundo vocalista
- John Bonham - Percusión, timbal, segundo vocalista
- Viram Jasani - Tabla
- Chris Dreja - Fotografía
- George Hardie - Deseño da portada
- Glyn Johns - Enxeñeiro de son, mesturas
- Peter Grant - Produtor executivo