Lars von Trier
Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhaguen o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou na escola de cine de Copenhaguen. En 1981 e 1982, aínda como estudante, gañou varios premios no Festival de Cine de Múnich. A súa primeira película foi The Element of Crime (1984), que acadou un premio polo seu logro técnico no Festival de Cine de Cannes. Esta película é a primeira da triloxía europea, continuada por Epidemic (1987) e Europa (1991), unha comedia negra localizada en Alemaña na posguerra da Segunda Guerra Mundial.
Fundou xunto a Dane Thomas Vinterberg o movemento Dogma 95, valorando retomar historias máis cribles na industria do cinema, afastándose dos efectos especiais e facendo un uso técnico mínimo.
Perfil polémico [editar]
En 2010, no Festival de Cannes, autoproclamouse o mellor realizador de cinema do momento. Un ano despois, o 19 de maio de 2011, o Festival de Cannes declarou o cineasta "persona non gratta", coa conseguinte expulsión do festival.
A polémica desatouse tras uns comentarios vertidos por Trier:
As declaracións fíxoas á mañá e esa mesma tarde emitiu un comunicado público no que pedía desculpas:
Ó día seguinte foi expulsado do festival.
Filmografía [editar]
- Ochidégartneren (1977)
- Menthe – la bienheureuse (1979)
- Nocturne (1980 – 1981)
- Den Sidste Detalje (1981)
- Befrielsesbilleder (1982)
- Forbrydelsens Element (1984)
- Epidemic (1988)
- Medea (1988, TV)
- Europa (1991)
- Riget (1994, miniserie de televisión)
- Breaking the Waves (1996; primeira parte da triloxía Golden Heart)
- Riget II (1997; miniserie de televisión)
- Idioterne (1998; segunda parte da triloxía Golden Heart)
- D-dag (2000; televisión)
- D-dag – Lise (2000; televisión)
- Dancer in the Dark (2000; terceira parte da triloxía Golden Heart)
- D-dag – Den færdige film (2001; televisión)
- Dogville (2003; primeira parte da triloxía USA)
- De Fem Benspænd (segmento "The Perfect Human: Avedøre, Denmark"; 2003)
- Manderlay (2005; segunda parte da triloxía USA)
- Direktøren for det hele (2007)
- Antichrist (2009)
- Wasington (2011; terceira parte da triloxía USA)
- Melancholia (2011)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Lars von Trier na IMDb (en inglés).