Manderlay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manderlay
Título orixinal
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Lars von Trier
Produtor Vibeke Windeløv
Guión Lars von Trier
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Bryce Dallas Howard, Isaach De Bankolé, Danny Glover, Willem Dafoe, Jeremy Davies, Lauren Bacall, Chloë Sevigny, Jean-Marc Barr, Udo Kier, Michaël Abiteboul
Música Joachim Holbek
Fotografía Anthony Dod Mantle
Montaxe Bodil Kjærhauge e Molly Marlene Stensgård
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Distributionsselskabet (Dinamarca)
Ano 2005
Duración 132 minutos
País Dinamarca Dinamarca
Xénero Drama
Orzamento $14.200.000
Recadación $674.918
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Manderlay é a segunda película da triloxía USA - Land of Opportunities, do director danés Lars von Trier. Nela trátase de profundizar sobre as raíces do racismo.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A acción arranca poucos días despois do final de Dogville. Grace (desta vez interpretada por Bryce Dallas Howard en vez de por Nicole Kidman), viaxa a Alabama, no sur dos Estados Unidos, onde atopa unha prantación de algodón, Manderlay, onde todavía rixe a escravitude. Grace consegue liberar aos escravos, e decide quedar para establecer unha comunidade democrática... con moi malos resultados.

Tras comprobar as condicións de traballo na prantación, abandona ao seu pai, gángster, para tomar o control da mesma, abolindo a situación escravista e "castigando" aos antigos opresores. Antes de morrer, a ama da prantación entrégalle un libro, o libro da Ama, no que se explican as normas que os escravos deben cumprir.

Cerca do final da película explícase que esa comunidade seguía vivindo neses termos por propia vontade, e que ese mesmo libro fora redactado polos membros da prantación, libres e escravos.

Tras decatarse, Grace é obrigada, polos propios escravos de Manderlay, a tomar o control volvendo a oprimilos, tralo que decidindo escapar.

Análise[editar | editar a fonte]

Ao igual que a súa predecesora Dogville, esta rodada sen apenas decorado, usando sinxelamente aqueles obxectos imprescindibles para o argumento e substituíndo paredes e portas por marcas no chan similares ás de tiza nunha lousa.

Críticas[editar | editar a fonte]

A fita foi criticada principalmente polo feito de que na gravación asasinouse a un asno. Se ben a escena foi finalmente eliminada debido ás críticas, von Trier seguiu defendendo que importa máis a liberdade de expresión das persoas que a vida ou morte dun animal, algo que disgustou a moita xente.

Curiosamente, o movemento Dogma 95, do que é fundador, di nun dos seus mandamentos que non se pode incluír mortos (se ben esta película non está enmarcada dentro de dito movemento).