Río Klang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Confluencia do Gombak e o Klang en Kuala Lumpur.

O río Klang é un curso fluvial que corre por Malaisia, atravesando Selangor e a cidade de Kuala Lumpur para desaugar no estreito de Malaca. Ten un curso aproximado duns 120 km.

Dado o feito de que atravesa o val do Klang, que é unha zona moi densamente poboada, con máis de 4 millóns de habitantes, está considerabelmente contaminado. O alto grao de desenvolvemento levou ao que o río apareza como un gran torrente despois dunha tormenta.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Klang River nace na zona montañosa, a uns 25 km ao norleste de Kuala Lumpur, en Kuala Seleh. Drena unha cunca, con os seus afluentes de 1.288 km². Recibe once tributarios principais, entre os que cómpre citar: o Gombak, Batu, Kerayong, Damansara, Keruh, Kuyoh, Penchala e Ampang. Flúe cara ao oeste até o estreito de Malaca, no que desmboca logo de 120 km.

Localidades importantes que baña[editar | editar a fonte]

Kuala Lumpur está situada no punto onde conflúen o río Gombak e o Klang. Augas abaixo, o río atravesa a capital do estado de Selangor, Shah Alam. A cidade de Klang, que recibe o seu nome do río precisamente, sitúase no tramo baixo do seu curso.

O maior porto mariño de Malaisia, Port Klang, está situado no estuario do Klang.

Presas e estanques[editar | editar a fonte]

Hai dous encoros principais sobre o curso do río: o encoro de Batu e o encoro das Portas do Klang, que provee de auga á poboación do Val do Klang e mitiga as cheas das súas augas.

Para paliar danos do río Gombak durante as tormentas, pénsase en colcar algúns estanques ad hoc que se localizarían en Batu, Jinjang e Kepong.

Vida animal[editar | editar a fonte]

En tempos aínda recentes foron rexistrados crocodilos nalgún puntos do río.

Privatización[editar | editar a fonte]

O mantemento do Klang poderá ser encargado a empresas privadas no futuro, a través dun contrato de trinta anos, esperándose que a compañía limpe e acondicione o río entre 2006 e 2010. O custo sería compensado para a empresa a través da explotación da area e o desenvolvemento comercial do río.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Muthiah, W.: "Three rivers in Selangor to go private soon", artigo en The Star, 7 de febreiro de 2006 (en inglés).