Khem Birch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Khem Birch
Bàsquet Girona
Información persoal
Nacemento 28 de setembro de 1992 (31 anos)
Montreal, Quebec
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 106 kg (233 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto St. Thomas Aquinas
(Russell, Ontario)
The Winchendon School
(Winchendon, Massachusetts)
Notre Dame Prep
(Fitchburg, Massachusetts)
Universidade Pittsburgh (2011–2012)
UNLV (2012–2014)
NBA Draft 2014 / Elección: Sen draftear
Carreira 2014−presente
Historial de equipos
Sioux Falls Skyforce (2014–2015)
Uşak Sportif (2015–2016)
Olympiacos (2016–2017)
Orlando Magic (2017–2021)
Lakeland Magic (2017–2018)
Toronto Raptors (2021–2023)
Bàsquet Girona (2024–presente)

Khem Xavier Birch, nado o 28 de setembro de 1992 en Montreal, Quebec, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga no Bàsquet Girona da Liga ACB. Mide 2,03 metros de altura, e xoga na posición de pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2014, Birch asinou cos Miami Heat o 14 de setembro de 2014,[1] pero o 25 de outubro os Heat rescindiron o contrato de Birch antes do comezo da tempada.[2]

O 27 de xullo de 2017, Birch asinou cos Orlando Magic.[3] O 10 de xullo de 2019, Birch asinou un novo contrato de dous anos cos Magic.[4] O 8 de abril de 2021, os Magic cortaron a Birch.[5]

O 10 de abril de 2021, Birch asinou cos Toronto Raptors ata o remate da tempada.[6] Debutou cos Raptors o día seguinte, na derrota dos Raptors por 102-96 contra os New York Knicks.[7] O 6 de agosto de 2021, asinou un novo contrato de tres anos cos Raptors.[8]

O 9 de febreiro de 2023, os Raptors traspasaron a Birch xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2024 e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós San Antonio Spurs, a cambio de Jakob Pöltl.[9] Os Spurs cortaron a Birch pouco antes do comezo da tempada, sen chegar a debutar co equipo.[10]

O 5 de febreiro de 2024, Birch asinou ata final de tempada co Bàsquet Girona da Liga ACB.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. HEAT Signs Khem Birch.
  2. HEAT Waive Birch, Drew, Johnson and Jones.
  3. "Magic Sign Khem Birch". NBA.com. 27 de xullo de 2017. Consultado o 27 de xullo de 2017. 
  4. Denton, John (10 de xullo de 2019). "Magic Re-Sign Khem Birch". NBA. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  5. "Orlando Magic Waive Khem Birch". NBA.com. 8 de abril de 2021. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  6. Loung, Steven (10 de abril de 2021). "Montreal's Khem Birch a risk-free way for Raptors to fill centre void". Sportsnet.ca. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  7. "Knicks recover after blown lead to beat Raptors 102-96". ESPN.com. 11 de abril de 2021. Consultado o 11 de abril de 2021. 
  8. "Khem Birch on re-signing with the Raptors: ‘I knew where I wanted to go’". The Toronto Star. 6 de agosto de 2021. ISSN 0319-0781. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  9. "SPURS COMPLETE TRADE WITH RAPTORS". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  10. Garcia, Alex (19 de outubro de 2023). "Spurs Waive Khem Birch". NBA.com. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  11. "KHEM BIRCH FITXA PEL BÀSQUET GIRONA FINS A FINAL DE TEMPORADA". BasquetGirona.com. 5 de febreiro de 2024. Consultado o 5 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]