Juani Bermejo Vega
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) Cáceres, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Director de tese | Juan Ignacio Cirac Sasturain (pt) |
Actividade | |
Ocupación | profesora , física , engenheira de sistemas (pt) |
Empregador | Universidade Libre de Berlín |
Lingua | Lingua castelá |
Juani Bermejo Veiga, nada en Cáceres en 1987, é unha investigadora en computación cuántica española, activista e a muller transxénero máis sénior en computación cuántica dentro de Europa.[1][2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Bermejo estudou o dobre grao de informática e física na Universidade de Salamanca. A súa vocación científica vén en parte pola súa tía Pastora Vega Cruz, catedrática de enxeñaría de sistemas e automática nesa mesma universidade.[2][3] Tras estudar un ano da carreira no Canadá en 2008, decidiu dedicarse á investigación en computación cuántica. O seu traballo doutoral fíxoo en Múnic no equipo do físico Juan Ignacio Cirac.[1]
Durante o doutoramento realizou unha estancia no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) de Boston. Tras doutorarse, estivo tres anos como investigadora na Universidade Libre de Berlín. En 2019, regresou a España grazas a un contrato de investigación Marie Curie-Athenea3i na Universidade de Granada.[1] É unha das poucas científicas transxénero do mundo co seu nivel en computación cuántica, e a máis sénior neste campo en Europa, e a única profesora transxénero en computación cuántica de Europa.[3]
Iniciou o seu proceso de transición en 2018 e saíu do armario en 2019, en Berlín. Esta transición fíxolle perder autoridade, o que lle levou a reflexionar que, se empezase antes o proceso, a súa carreira científica poderíase ver prexudicada debido aos prexuízos.[4][3]
Na súa faceta de divulgadora na academia e activista feminista e LGTBIQ, Bermejo Veiga é cofundadora do proxecto Q-Turn, unhas xornadas cuánticas onde prima a variedade nos perfís dos relatores. Trátase de conferencias inclusivas, que dan protagonismo a mulleres e grupos minoritarios, e nun ambiente relaxado e próximo.[2][3][4][5]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Bolsa de investigación Athenea3i-Marie (Sklodowska) Curie.[6][7]
- Elixida entre os 20 granadinos aos que seguir en 2020 polo medio dixital Ideal.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Juani Bermejo-Vega: “Cuando transicioné, perdí autoridad”" (en local). Consultado o 2020-06-27.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "JB: "La divulgación científica es más potente en España que en Alemania"" (en castelán). 2019-12-16. Consultado o 2020-06-27.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Colomé, Jordi Pérez (2019-12-05). "“Muchos se sorprenden al saber que soy trans. Imagina cuando se enteran de que soy informática cuántica”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-27.
- ↑ 4,0 4,1 Marchena, Carmen (2020-04-07). "Juani Bermejo-Vega: “En la investigación científica no es sencillo experimentar con tu identidad de género”" (en castelán). Consultado o 2020-06-27.
- ↑ Gil, Lydia (2020-06-04). "Juani Bermejo-Vega, informática cuántica | #CienciaArcoíris" (en castelán). Consultado o 2020-06-27.
- ↑ Marchena, Carmen (2020-04-07). "Juani Bermejo-Vega: “En la investigación científica no es sencillo experimentar con tu identidad de género”" (en castelán). Consultado o 2020-06-27.
- ↑ Lis, Patricia Fernández de (2020-06-21). "Aquí empieza la revolución cuántica". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-27.
- ↑ "20 granadinos a los que seguir en 2020" (en castelán). 2020-01-07. Consultado o 2020-06-27.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas