Juan de Sola Vollbrecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan de Sola Vollbrecht

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan de Sola Vollbrecht, nado en Madrid o 30 de xuño de 1970, é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo estudos de Traballo Social e Filoloxía Hispánica na Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Ao longo da súa traxectoria estivo vinculado a Radio España Vigo, Radio Municipal de Tui, Antena Louro Radio (O Porriño) ou Radio ECCA.

Foi correspondente da Axencia EFE en Pontevedra. No ano 2008, fundou e foi presidente da organización non gobernamental AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.[1] Impulsou o proxecto de radio do Centro penitenciario da Lama, premiado coa Medalla ó Mérito Penitenciario (2009).[Cómpre referencia] Participou en diferentes proxectos de cooperación e en países como a Arxentina, o Uruguai, Marrocos, Ecuador, Guinea Ecuatorial, O Salvador, Nicaragua ou Honduras.[1]

Está integrado na redacción de programas e informativos en Onda Cero Galicia. Coordina tamén o programa Contraparte[2], dedicado ós dereitos humanos e a solidariedade. Escribe periodicamente no blog juandesola.org.[3]

Obra escrita publicada[editar | editar a fonte]

  • La cara más dura de la esperanza (2014). Libros del futuro.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]