Centro penitenciario da Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro penitenciario da Lama
Vista xeral do complexo
Coordenadas42°24′21″N 8°27′15″O / 42.405833333333, -8.4541666666667Coordenadas: 42°24′21″N 8°27′15″O / 42.405833333333, -8.4541666666667
editar datos en Wikidata ]

O centro penitenciario da Lama é unha prisión situada no concello da Lama. En 2010 o seu director era José Antonio Gómez Novoa.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado en 1998. A súa construción, no lugar de Racelo, xunto a Ponte Verdugo, a 2 km do núcleo da Lama, deseñada por Francisco María Martín Carrero, foi levada a cabo pola UTE das construtoras San José e Abengoa, cun custo de 7575 millóns de pesetas. O recinto abrangue 361 430 m², dos cales 86 081 son edificacións.

Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1800 presos e presas.

No centro está o Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela[1], da que é director Juan Carlos Vilar Pérez[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Nelson Mandela también homenajea a Madiba", La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2013 (en castelán).
  2. "Dar clase en el hospital o 'entre rejas'", La Opinión de A Coruña, 26 de decembro de 2017 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.