José Luis Bouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Bouza
Biografía
Nacemento19 de decembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo

José Luís Bouza Pregal, nado en Tui o 19 de decembro de 1985, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.

Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de Piragüismo (prata en 2010 e bronce en 2011) e catro medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2009 e 2011.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou por primeira vez nunha competición internacional no Campionato Europeo de 2007 celebrado en Pontevedra, participando en C1 200 metros e en tres distancias do C4 (200, 500 e 1.000 metros), obtendo dous sétimos postos como mellores resultados.[2] Logrou a súa primeira medalla dous anos despois, no Europeo de Brandeburgo, ao quedar terceiro na final de C1 1.000 metros.[3][4] Ese mesmo ano competiu no Campionato Mundial celebrado en Dartmouth (Canadá), quedando en oitava posición no C1 4x200m, formando parella con Tono Campos, José Manuel Sánchez Sánchez e Yeray Picallo.[5]

En 2010 gañou a prata no Europeo celebrado na localidade asturiana de Trasona, en C1 5.000 metros,[6] e proclamouse subcampión do mundo na mesma distancia no Mundial de Poznan.[7] Ao ano seguinte obtivo dúas medallas no Europeo de Belgrado (prata en 5.000m e bronce en 1.000m)[8] e un bronce no Mundial de Szeged.[9] Continuou competindo en Europeos e Mundiais nos seguintes anos pero sen lograr subir ao podio de novo, ata que finalmente as súas lesións no ombreiro obrigárono a retirarse en 2016.[10]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2010 Polonia Poznań Medalla de prata Prata C1 5000 m
2011 Hungría Szeged Medalla de bronce Bronce C1 5000 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2009 Alemaña Brandeburgo Medalla de bronce Bronce C1 1000 m
2010 España Corvera Medalla de prata Prata C1 5000 m
2011 Belgrado Medalla de bronce Bronce C1 1000 m
2011 Belgrado Medalla de prata Prata C1 5000 m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Luis Bouza en CanoeResults.eu (en inglés).
  2. "Resultados Pontevedra 2007". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  3. "Resultados Brandeburgo 2009". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  4. "José Luis Bouza inicia su nueva vida". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xuño de 2009. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  5. "Resultados de Dartmouth 2009". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  6. "Resultados de Trasona 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  7. "Resultados de Poznan 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  8. "Resultados de Belgrado 2011". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  9. "Resultados Szeged 2011". CanoeResults (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  10. "José Luis Bouza se retira tras quince años en la élite del piragüismo". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]