José Eleicegui López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1879 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1 de agosto de 1956 (76 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor |
Familia | |
Irmáns | Antonio Eleizegui López |
José Ignacio Eleicegui López (ou coa variante do apelido Eleizegui), nado en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1879 e finado en Madrid o 1 de agosto de 1956, foi un médico, pediatra, educador, xornalista, fotógrafo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do enxeñeiro de minas Antonio Eleicegui Ituarte e de Carmen López Ferreiro (irmá do cóengo Antonio López Ferreiro), foi irmán de Antonio (decano da Facultade de Farmacia da USC e tamén escritor), Carmen e María Eleicegui López. Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo tamén o título de mestre superior na Escola Normal da mesma cidade. Colaborou en El Pensamiento Gallego e Universidad e dirixiu El Boletín de Medicina y Cirugía e Galicia en Madrid. Fundou a revista España Médica (1911), considerada a renovadora do xornalismo médico en España, que se publicou ata 1936.
Foi nomeado médico director do Balneario de Fonte Nova de Verín en 1910[1], en 1927 foi nomeado médico do Balneario de Arteixo[2] e despois foi director do Balneario de Zuazo. En 1932 foi nomeado director do Centro Secundario de Higiene Rural de Villalón de Campos[3]. Entre outros premios e mencións, obtivo a medalla da Lexión de Honra francesa. Foi fotógrafo afeccionado.
Obras
[editar | editar a fonte]- Higiene industrial, 1903[4].
- La familia y los enfermos. Enseñanzas higiénicas, 1905[5].
- Higiene del agua. Manual científico-popular, 1907[6]
- Figuras médicas: Don José Mª Esquerdo, 1914[7]
- Medicina y pedagogía, 1915[8]
- La visita del médico. De crianza infantil, 1915[9]
- La tragedia del Doctor Zugasti. Narración fantástica, 1921[10]
- Los juegos en la infancia. Guía médico-pedagógica para padres y maestros, 1925[11]
- Para educar al niño. Normas y reglas de educación moral y física en la casa y en la escuela, 1926[12]
- Biologia de la edad escolar, 1929[13]
- Las rebeldías de la infancia escolar. Normas para una educación biológica, 1931[14]
- La sexualidad infantil. Normas de educación, 1934[15].
- Difteria. Epidemiología. Diagnóstico clínico. Tratamiento. Con 14 figuras, 1941[16]
- un artigo na revista Ciencias médico hispano-americanas (Ano I; nº 3), 1948.
- Las deficiencias de nutrición y los ultravirus en la etiología de las cirrosis hepáticas, 1959[17]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Sieiro[18] e foi pai do tamén médico José de Eleizegui Sieyro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 2-6-1910, p. 3.
- ↑ El Eco de Santiago, 22-3-1927, p. 2.
- ↑ El Día de Palencia, 26-10-1932, p. 4.
- ↑ 319 páxinas. Edición de Sucesores de Manuel Soler (Madrid), colección Manuales Soler (número IL). Coñécense varias reedicións:
- Nociones de Higiene Industrial, 1914 (319 páxinas + 8 páxinas de vocabulario + 15 páxinas de catálogo; edición de Sucesores de Manuel Soler, Barcelona, colección Manuales Soler, número IL; Imprenta Guinart y Pujolar)
- Higiene industrial (320 páxinas; edición de José Gallach na colección Manuales Gallach, número 3)
- Nociones de Higiene Industrial, 1930 (364 páxinas; edición de Espasa Calpe, Madrid, colección Manuales Gallach)
- ↑ 228 + 46 páxinas. Edición de Sucesores de Manuel Soler (Barcelona), colección Manuales Soler (número LXXX). Coñécense varias reedicións:
- La familia y los enfermos (enseñanzas higiénicas) (edición de Calpe, Compañía Anónima de Librería, na colección Manuales Gallach)
- La familia y los enfermos. Enseñanzas higiénicas, 1915 (274 páxinas; edición de Sucesores de Manuel Soler, Barcelona)
- ↑ 154 páxinas. Edición de P. Orrier (Madrid).
- ↑ 245 páxinas. Edición da Imprenta de Antonio Marzo (Madrid), na colección Biblioteca de "España Medica".
- ↑ 88 páxinas. Imprenta de Antonio Marzo (Madrid).
- ↑ 236 páxinas. Edición de España Médica (Madrid).
- ↑ 217 páxinas. Edición de Luis Gili (Barcelona).
- ↑ 151 páxinas. Edición da Sociedad General de Publicaciones (Barcelona).
- ↑ 217 páxinas. Edición da Sociedad General de Publicaciones (Barcelona).
- ↑ 382 páxinas. Editorial Paracelso (Madrid).
- ↑ 208 páxinas. Ediciones Ulises (Madrid).
- ↑ 210 páxinas. Edición da Unión Poligráfica (Madrid). Tivo unha reedición en 1936 a cargo da Biblioteca médico-pedagógica, de Madrid, que contou tamén con 210 páxinas.
- ↑ 122 páxinas. Editorial Morata (Madrid), na colección Opúsculos sobre investigación y Clínica.
- ↑ 212 páxinas. Edición de Laboratorios Made (Madrid).
- ↑ El Correo de Galicia, 6-7-1917.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eleizegui López, José". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 25.
- "Eleizegui López, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal. 23 (dubi-emin). Vigo: Ir Indo Edicións/La Voz de Galicia. 2003. p. 103. ISBN 84-7680-452-0.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ELEIZEGUI LÓPEZ, José". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 1. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 387.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2003). ELEIZEGUI LÓPEZ, José. Gran Enciclopedia Galega. 14 (dias-eme) (Lugo: El Progreso). pp. 247–248. ISBN 84-87804-15-2.
- VV.AA. (1945). Sesión homenaje al Dr. D. José de Eleizegui (en castelán). Madrid: Sociedad Española de Hidrología Médica (Imprenta de J. Cosano). p. 39.