El Correo de Galicia (1900)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Correo de Galicia
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 2704
editar datos en Wikidata ]

El Correo de Galicia foi un xornal editado en Santiago de Compostela entre 1900 e 1920.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 12 de novembro de 1900 co subtítulo de Diario independiente de avisos y noticias. Dirixido por Ramón Gallego García, facía constar en todos os números que se editaba con censura eclesiástica. Alejandro Taboada Rivas foi o seu redactor xefe até a súa morte en 1908. Entre os seus colaboradores figuraron José Portal Fradejas, Emilio Villelga Rodríguez, Ricardo León, Juan López de Rego e Luis Cimadevilla Rey -que asinaba como Alcuino-.[1] Cesou a súa publicación a principios de 1920, sendo substituído por El Compostelano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navarro Cabanes, José (1917). Apuntes bibliográficos de la prensa carlista. Valencia: Sanchís, Torres y Sanchís. p. 230. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]